Avance dos novos colexios profesionais de xornalistas

Dossieres

Na actualidade só existen dous colexios profesionais de xornalistas, a pesar das declaracións e anuncios por varios colectivos sobre a intencionalidade de crear este órgano de defensa dos intereses dos xornalistas. Nos últimos días estanse a dar pasos importantes para a constitución de colexios profesionais en Castela e León, Castela a Mancha e Andalucia.

O presidente andaluz, Manuel Chaves, volveu salientar, durante a inaguración da 68 Asemblea Xeral da Federación de Asociacións de Xornalistas de España (FAPE), o interese pola creación do Colexio de Xornalistas andaluz. Recordou ademais a posta en marcha dun grupo de traballo para ver como se encaixa esta petición no marco legal que regula a existencia dos colexios profesionais.

Chaves tamén advertiu de que ningún colexio profesional se debe converter en "traba ou obstáculo" para o exercicio de dereitos, como o da liberdade de expresión e de información, especialmente protexidos pola Constitución.

Este paso adiante na constitución do novo Colexio Profesional de Xornalistas en Andalucía, coincide tamén coa elección da Asociación da Prensa de Segovia (APS) cono órgano xestor para liderar a creación do futuro Colexio de Xornalistas de Castela e León.

O Col.legi de Periodistes de Catalunya e o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, foron pioneiros na creación destas entidades de dereito público e que teñen a representación legal dos xornalistas de cadansúa comunidade.

Coa chegada da nova presidenta da FAPE, Magis Iglesias, o proceso de conversión das Asociacións da Prensa en Colexio Profesionais comezou a tomar forma con forzas renovadas. Esta iniciativa, que xa comezara débilmente co anterior presidente, González Urbaneja, comeza a dar pasos importantes en diferentes puntos da xeografía española e son xa moitas as comunidades que comezaron os trámites para a creación dun Colexio Profesional como órgano que legalmente pode representar ós xornalistas.

Documentación