Consecuencias do acordo Cope-ABC Punto Radio

Dossieres

O pasado 13 de marzo, a Comisión Nacional da Competencia autorizou en primeira fase a operación de concentración de COPE e Punto Radio, aínda que subordinándoo a que se desvincule dunha emisora en Astorga e á desinversión doutra en Écija.

Neste dossier, repasamos as consecuencias desta decisión, e do acordo previo de concentración entre a Cope e a emisora de Vocento. Así, esta decisión deu paso á desaparición definitiva de ABC Punto Radio e a uns 136 despedimentos, sen contar os traballadores afectados indirectamente. Ademais, provocáronse numerosas mudanzas nos diais: emisoras do grupo Cope comezaron a emitir nas frecuencias antes ocupadas por ABC Punto Radio, mentres que en Castela e León nacía, neses mesmos diais, Castilla y León Radio.

Documentación