O bloqueo parlamentario condena o consello da CRTVG ó desgoberno

Dossieres

O consello de administración da Compañía de Radio Televisión de Galicia (CRTVG) non contará coa maioría necesaria para sacar adiante unha oferta pública de emprego, a súa programación anual ou calquera outra das funcións que ten atribuídas.

O PP cumpriu co seu rol e impediu en dúas votacións que o BNG reunise a maioría parlamentaria de dous terzos para cubrir dúas vacantes no órgano de control do ente, o que levou aos socios do bipartito a acusar a Núñez Feijoo de someter a Cámara a un «chantaxe» que sementará o desgoberno en TVG.

O portavoz do PP, Manuel Ruiz, tomou a palabra antes da votación para advertir que o seu grupo non ía bloquear nada, aínda que si esixía unha negociación non só para cubrir as dúas vacantes do BNG na CRTVG, senón tamén para elixir por consenso ao director xeral da cadea. «Non podemos permanecer inmóbiles», advertiu, antes de abundar en que o seu grupo quería «unha renovación con maiúsculas» do ente autonómico.

O nacionalista Carlos Aymerich empregou un ton groso para acusar ao PP de cometer un acto de «indignidade» e «carniza política», por aproveitar a morte dunha persoa para bloquear o órgano de control de TVG.

Igual de duro se mostrou o socialista Ismael Rego, ao acusar aos populares de pretender «gobernar dende a oposición» e advertiu que a súa actitude lanzaba «un torpedo á liña de flotación dás maiorías cualificadas neste país», pois considerou que é «moi forte» utilizar esta ferramenta para paralizar o traballo de organismos e institucións autonómicas.

Dúas votacións

Coas posicións así de enfrontadas, someteuse a votación a proposta do Bloque para converter en conselleiros da CRTVG a Alberto Ansede e Roberto Mera, que cubrirían as vacantes de Lois Obelleiro, falecido, e de Cecilia Pérez Orxe, que presentou a súa renuncia por motivos persoais.

Pero os 37 deputados do PP meteron na urna as súas papeletas en branco, impedindo que BNG e PSOE reunisen os 50 votos favorables para os nomeamentos. O proceso repetiuse, e o número de brancos aumentou ata a 38, ao sumar un entre os deputados que apoian ao bipartito. O asunto quedou así aparcado, pero co aviso do Bloque de que volverá levar a súa proposta a pleno.

LA VOZ DE GALICIA
DOMINGOS SAMPEDRO
SANTIAGO DE COMPOSTELA

Documentación