O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia é unha entidade creada no ano 2000 coa finalidade de agrupar aos xornalistas de Galicia, poñelos en contacto, ofrecerlles unha serie de servizos e vantaxes colectivas e defender os dereitos comúns da profesión.
As funcións do Colexio son:
- Afondar na mellora das condicións nas que os xornalistas levan a cabo os seus traballos.
- A defensa profesional dos seus membros.
- Garantir a independencia e liberdade informativa en beneficio da sociedade galega.
- Defender, de acordo co artigo 20.1 da Constitución Española, o dereito á liberdade de información e de expresión garantidas a todos os cidadáns.
- Salvagardar á sociedade de informacións que tendan a deformar voluntariamente a realidade dos feitos.
- Poñer especial acento na defensa do segredo profesional e na aplicación da cláusula de conciencia, como tamén recolle a Constitución.
- Todos aqueles puntos que o Colexio crea convenientes para o exercicio da súa función, así como todas as outras funcións previstas na lexislación vixente sobre colexios profesionais.