Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Sábado, 25 de maio de 2013 | 10:20

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Imaxe corporativa

A imaxe corporativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia foi deseñada pola empresa Revisión, partindo da absoluta liberdade para a súa creación. O resultado acadado finalmente resultou sinxelo, impactante e innovador.

A concepción formulada polos deseñadores foi a seguinte:

O círculo

A figura define un colectivo, unha globalidade, un conxunto, un ámbito profesional.

O centro

O punto central dun círculo grafíase tradicionalmente cun xis.

A inicial

A profesión como interés común arrededor do que se constrúe unha entidade formada por persoas de diferentes características e modos de pensar.

O emblema

O xis como letra emblemática da cultura do país.

O signo

Multiplicar é aínda máis positivo que sumar (ilusións, esforzos, resultados).

O movemento

As ondas da comunicación, un círculo que rebule, odinamismo social como característica deste colectivo profesional.

Unha identidade

Un símbolo para un colectivo dinámico reunido arredor dun centro motor: o oficio, a comunicación.

Pode descargar o logotipo da imaxe corporativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia en formato eps (400 Kb).

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia