Francisco López Iglesias
Ferrol, 1959.
Licenciado en Ciencias da Información pola Universidade Complutense de Madrid. Casado e tres fillos.
Comeza o exercicio do xornalismo, tras remata-los estudos universitarios, na súa cidade natal, en Radio Ferrrol (Cadea SER) en 1986. Un ano despois trasládase a Santiago, onde sigue vinculado á Cadea SER en Radio Galicia.
En 1988 entra a traballar na Radio Galega, onde dirixe o informativo "Galicia, Primeira Hora". Foi nomeado Redactor-Xefe e, posteriormente, Xefe de Informativos da emisora pública.
Posteriormente, e ata 2005, dirixiu diferentes programas informativos na Televisión de Galicia (Telexornal Serán, A Chave, Reporteiros e Semanal), ademais de presentar varios informativos especiais e transmisións.
En outubro de 2005 reincorpórase á Radio Galega onde desenvolve actualmente o seu labor xornalístico.
Ten estudos de Dereito e recentemente publicou o libro "Maestro Mateo", en Edicións Nigratrea.
Pode contactar con Francisco López Iglesias no enderezo electrónico flopez@xornalistas.com