Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Xoves, 02 de setembro de 2010 | 21:27

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Anxo Quintela González (Radio Galega)

Anxo Quintela González naceu en Lavadores, Vigo, en decembro de 1960. Estudou Filosofía na Facultade de Santiago de Compostela, pero o seu primeiro soldo recibiuno como traballador da cadea de montaxe de Citroen. Gañou dous premios de poesía (Castelao en 1978 e Esquío en 1982), publicou dous libros (Á sombra dos pavillóns, 1983 e O asasino estrábico en 1997) e colaborou con textos, artigos e reportaxes en Grial, Tempos Novos, Revista das Letras, Chineses, Dorna e outras publicacións.

Desde 1987 a 1990 traballou como guionista, editor e productor en Video Voz, a productora de televisión de La Voz de Galicia, en programas culturais como Extramuros ou os especiais das Letras Galegas dedicados a Ramón Otero Pedrayo, Celso Emilio Ferreiro e Luís Pimentel. Tamén participou nesa empresa no programa semanal O Noso Agro. Cando a TVG decidiu facerse coa producción dese programa, pasou a traballar como redactor especializado no sector agrario nos programas O Agro e Labranza. Posteriormente, foi presentador e redactor do Telexornal Serán, O Semanal, Telexornal Fin de Semana e Galicia Noticias. Realizou tamén o documental "Recital" sobre cinco poetas galegas.

Alén disto, foi redactor xefe da revista Agrocultura, pertenceu ao consello de redacción da revista Grial e dirixiu Vieiros.

Pode contactar con Anxo Quintela no enderezo electrónico aquintelaa r r o b axornalistas.com.



© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación