Os días 8 e 9 de abril do ano 2000, celebrouse en Santiago a Asemblea Constituínte do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG). A partir dese momento, o CPXG empezou a súa andaina e foron moitas as accións e actividades que nestes anos se levaron a cabo.
Comunicados
Os comunicados son pronunciamentos oficiais da Xunta de Goberno do CPXG cando se produce unha situación de indefensión dun xornalista o un ataque directo á liberdade de expresión. Nos case 12 anos de vida do CPXG realizáronse un total de 160 comunicados denunciando diferentes problemas da profesión: situacións de precariedade, agresións a xornalistas, ataques contra a liberdade de prensa ou peche, nestes últimos anos, de diferentes medios de comunicación a causa da crise, entre outras cuestións
Comunicados da Xunta de Goberno do CPXG
Denuncias
As denuncias veñen propiciadas por dúas vías. A primeira é a intervención ‘de oficio’ da Xunta de Goberno do CPXG ante o que considera unha xustiza ou situacións nas que a liberdade de prensa e a profesións vense en perigo. Outra producese pola achega dun xornalista, colexiado ou non, dunha queixa ante unha situación de inxustiza profesional. No tempo de vida do CPXG atendeuse a máis de 50 denuncias. Algunhas delas foron levadas ante o contencioso administrativo nun intento de defender a profesión do intrusismo.
Como exemplo pódese consultar o Informe sobre a convocatoria de prazas de comunicación en administracións e empresas públicas
Recursos de amparo
O Recurso de Amparo é a ferramenta que ten o colexiado/a para a defensa dos seus dereitos. Tal e como establece o artigo 10 dos Estatutos:
"Tódos os colexiados teñen dereito a solicitar o amparo da Xunta de Goberno para:
a)Defender os seus dereitos profesionais diante das autoridades, entidades, empresas e particulares.
b)Ser atendido diante duna situación de conflicto que ameace, por calquera razón, a continuidade do seu exercicio profesional…"
Código deontolóxico
O 15 de decembro de 2008, a Asemblea Xeral do CPXG aprobou por maioría o Código Deontolóxico do Xornalismo Galego que foi impresa e distribuida entre os colexiados/as, facultades e redaccións.
Código Deontolóxico do Xornalismo Galego
Informes e publicacións
O CPXG edita unha serie de publicacións propias, atendendo á súa vocación de servicio e investigación no eido da comunicación. Entre os traballos elaborados, atópanse distintos informes sobre a situación sociolaboral das e dos xornalistas galegos, sobre o uso do galego nos medios ou sobre cuestións de xénero relacionadas coa comunicación.
Consulta as distintas publicacións do Colexio
Intervencións
Como entidade de dereito público, creada por lei do Parlamento de Galicia que ostenta a representación legal dos xornalistas, o CPXG foi convidado a participar en diferentes comisións parlamentarias.
Como exemplo podes a intervención na comisión para a reforma da CRTVG
Cursos de formación
No obxectivo de mellorar exercicio profesional, o CPXG ten realizado numerosos cursos de formación, por toda a xeografía galega, sobre distintos aspectos da comunicación. Os distintos cursos, sempre de carácter gratuíto para as colexiadas e colexiados, tratan temas e ferramentas de actualidade para os e as xornalistas, nun mundo sempre necesitado de constante actualización.
Consulta os distintos cursos realizados polo CPXG
Xornadas e foros
Para tratar polo miúdo a relación de determinados temas co mundo da comunicación e o xornalismo, o CPXG, directamente, a través do Observatorio Galego dos Medios ou en colaboración con outras entidades, ten organizado numerosas xornadas e foros de discusión. Os estudos e a reflexión sobre a comunicación teñen tamén o seu espazo no labor do Colexio.
Consulta as distintas xornadas organizadas polo CPXG
Conferencias e Almorzos On/Off
A actualidade continúa a ser a preocupación principal das e dos profesionais da información. É por iso que o CPXG organiza tamén actos cos protagonistas ao fío da noticia, coa presenza de persoeiros en conferencias ou nos Almorzos On/Off, que levan realizándose desde 2005, nas demarcacións de A Coruña, Lugo e Ferrol, e nas que as e os colexiados poden desfrutar de encontros distentidos con persoeiros e protagonistas da actualidade.