Darío Janeiro
O actual tesoureiro do Colexio naceu en Guitiriz (Lugo), no ano 1973. Licenciado en Xornalismo pola Universidade de Santiago de Compostela e MBA pola Escola de Negocios Novacaixagalicia, dirixe na actualidade Cinfo, empresa filial de R Cable centrada en proxectos en televisión dixital interactiva, VOD, telefonía móbil e internet. Anteriormente, traballou no Grupo Zeta en Madrid e no Grupo El Correo Gallego.
Colaborador de distintas publicacións electrónicas e en papel, é membro do Consello de Contidos da revista Tempos Novos. Dirixiu distintas xornadas, estudios e congresos sobre novas tecnoloxías. É secretario da Asociación PuntoGal, organismo que promove a obtención dun dominio propio en internet para a lingua e cultura galegas.
Foi vocal na Xunta de Goberno do CPXG 2000-2004 e tesoureiro na Xunta de Goberno 2004-2008 e na de 2008-2012. Tamén foi membro da xunta directiva da Asociación da Prensa de Santiago (APSC). É Secretario do Premio José Couso de Liberdade de Prensa (www.xornalistas.com/couso), coordinador técnico do Observatorio Galego dos Medios (www.observatoriodosmedios.org), responsable de www.xornalistas.com e do boletín semanal F5 do Colexio.
Para contactar con Darío Janeiro:
mail: dario@xornalistas.com
twitter: @dariojaneiro