O Consejo de Informativos de TVE, Iñaki Gabilondo, Rachid Nini e os xornalistas que informan do conflito sirio, candidatos
Catro candidaturas concurren este ano á VIII Edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, unha iniciativa do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol e que conta coa colaboración da Obra Social ‘la Caixa’, que este ano se incorpora ao certame.
Os candidatos propostos polos colexiados do CPXG, asociados do Club de Prensa de Ferrol ou por entidades relacionadas coa comunicacon son o Consejo de Informativos de TVE, Iñaki Gabilondo, Rachid Nini e a candidatura conxunta dos xornalistas que informan do conflicto sirio. Dende hoxe ábrese o prazo de votacións para que os colexiados do CPXG e asociados do Club de Prensa de Ferrol elixan ao gañador, que se dará a coñecer o 26 de abril.
Imprimir Enviar