Español | English

Voltar á portada

O premio

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Saltar menú



Estatuilla Ás ceibes

O galardón, Ás ceibes, realizado por Manuel Patinha.

O premio

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e o Club de Prensa de Ferrol crearon o Premio José Couso de Liberdade de Prensa en memoria do cámara ferrolán José Couso, disparado no Hotel Palestina de Bagdad o 8 de abril de 2003, mentres cubría o conflicto bélico en Iraq para os informativos de Tele 5.

Os organizadores queren personalizar na figura de Couso a todos aqueles xornalistas, galegos ou non, que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores.

O obxectivo deste galardón, consistente nunha estatuiña do escultor Manuel Patinha titulada Ás Ceibes, é recoñecer e difundir o traballo dunha persoa viva ou organización existente destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.

Caixanova promove o premio, mostrando un apoio decidido para materializar a iniciativa, na que tamén colaboran a Secretaría Xeral de Comunicación da Xunta de Galicia, o Concello de Ferrol e a Galería Sargadelos da mesma cidade.

Presidente do Xurado: Xosé Manuel Pereiro

Vicepresidente do Xurado: Xan Morales Somoza

Secretario de Organización: Darío Janeiro

Imprimir Enviar


Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia Club de Prensa Ferrol Caixa nova Xunta de Galicia Concello de Ferrol Sargadelos

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade