Nas súas palabras
O
Premio José Couso de Liberdade de Prensa quere ser unha homenaxe a todos os xornalistas que cada ano son asasinados, maltratados ou privados dos seus dereitos como persoas e como informadores. Pero é, tamén, unha chamada de atención sobre a complexa situación dos comunicadores ao longo do mundo, incluídos os países considerados democráticos, onde existen moitas dificultades para informar á sociedade do que realmente acontece.
Este incumprimento require da máxima atención por parte de todos e a divulgación non só dos xornalistas, senón dos sectores que contribúen a formar unha opinión pública debidamente crítica coa nosa sociedade.
Neste sentido, os textos que constitúen esta sección, pretenden falar en nome de aqueles que, como José Couso, vense impedidos pola forza e facer chegar as súas palabras ata onde eles quererían levalas.
Imprimir Enviar