[15/01/2010] A Galería Sargadelos de Ferrol acolleu esta mañá a presentación da VI edición do Premio José Couso de Liberdade de Prensa, organizado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, en colaboración con Caixanova.
O Presidente do Club de Prensa de Ferrol, Xan Morales Somoza, anunciou a apertura do prazo, ata o 26 de Febreiro, para presentar candidaturas, que se anunciarán como definitivas o día 2 de marzo. Lembrou que a característica principal do premio é que o xurado son os propios xornalistas, que votarán por correo electrónico do 3 de marzo e o 6 de abril. O 15 de abril terá lugar a presentación do fallo en Ferrol e o 7 de maio se realizarán os actos de entrega, que contarán unha vez máis co Concerto pola Liberdade da Real Filharmonía de Galicia, "un dos dous únicos concertos do mundo pola liberdade de prensa". Por último, quixo aproveitar para expresar o apoio do Club de Prensa aos xornalistas condenados da Cadena SER.© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.