Español | English

Voltar á portada

Novas

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Saltar menú



Novas

O XUÍZ PEDRAZ ORDENOU A SÚA DETENCIÓN

EEUU di que os militares do 'caso Couso' foron absoltos polo Pentágono

[30/07/2010] O Departamento de Estado de Estados Unidos sinalou este xoves que os tres militares estadounidenses presuntamente responsables da morte do cámara español de Telecinco José Couso no Hotel Palestina de Bagdad, cuxa busca e captura ordenou este xoves o xuíz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz, foron absoltos polo Pentágono.


INSPECCIONARÁ O LUGAR DOS FEITOS

O xuíz ordena deter aos militares sospeitosos de matar a José Couso

[29/07/2010] O xuíz Pedraz ordena busca e captura e ingreso en prisión para os tres militares estadounidenses sospeitosos da morte de José Couso, e pide autorización ao CGPJ para viaxar a Iraq entre outubro e novembro para facer unha inspección ocular de lugares dos feitos.


AGARDA QUE SIRVA PARA DEPURAR RESPONSABILIDADES

O Colexio de Xornalistas expresa a súa satisfacción pola decisión de Tribunal Supremo de ordenar a reapertura do caso Couso

[07/07/2010] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) quere expresar a súa satisfacción pola decisión do Tribunal Supremo de ordenarlle á Audiencia Nacional a reapertura da investigación pola morte do cámara galego de Telecinco, José Couso, no Hotel Palestine de Bagdad, en abril de 2003.


REAPERTURA DA INVESTIGACIÓN DO CASO COUSO

O TS, contra a estratexia bélica 'de impacto e terror' sobre civís

[27/07/2010] O Tribunal Supremo estableceu na sentenza na que ordena á Audiencia Nacional reabrir a causa que investiga a morte do cámara de Telecinco José Couso que a estratexia bélica denominada "de impacto e terror" sobre persoas protexidas en caso de conflito armado "é penalmente imputable a quen teña dominio sobre a dirección específica das operacións bélicas".


A AUDIENZA ARQUIVARA A CAUSA

O Supremo ordena por segunda vez reabrir a investigación xudicial da morte do cámara José Couso en Iraq

[07/07/2010] O Tribunal Supremo ha ordenado este martes á Audiencia Nacional que reabra a investigación xudicial sobre a morte en Iraq en 2003 do operador de cámara de Telecinco José Couso. Os maxistrados estimaron así o recurso presentado pola súa familia contra o arquivo da causa decretado pola Sala do Penal da Audiencia en outubro de 2009.


| 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | Seguintes


© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade