Español | English

Voltar á portada

Política de Privacidade

Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia

Saltar menú



Política de Privacidade

Ao aceptar o presente documento contractual vostede declara expresamente que:

  • É una persoa capaz de discernir.
  • Que entrou a esta web pola súa propia vontade e que non foi coaccionado para iso.
  • Que recoñece e entende que o contido de moitas das páxinas que se localizan a través do motor de busca e do directorio do CPXG poden conter imaxes, son ou texto que resulten ofensivos e inadecuados e que poden atentar contra a moral e os bos costumes.
  • Que a selección dos servizos que o usuario desexe adquirir faina pola súa soa e única conta e risco.
  • Que leu os termos e condicións deste documento, aceptándoos a súa soa e única conta e risco.

CONDICIÓNS XERAIS DE CONTRATACIÓN

O CPXG a través destas Condicións Xerais de Contratación, en adiante condicións protexe os lexítimos intereses dos consumidores e usuarios que fan uso dos servizos que ofrece gratuitamente a través do seu portal, www.xornalistas.com (en adiante, web).
A utilización, dos servizos e Canles da web, se encontra sometida a avisos e instruccións postos en coñecemento do usuario polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Confidencialidade no tratamento automatizado dos datos de carácter persoal dos Usuarios

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (en adiante, o CPXG) garante a confidencialidade dos datos de carácter persoal facilitados polos usuarios e o seu tratamiento automatizado segundo a lexislación vixente sobre protección de datos de carácter persoal (Lei Orgánica 15/99, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, o Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, así como toda a normativa aplicable a esta materia).

O CPXG adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requeridos, e instalou todos os medios e medidas técnicas o seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados. A pesar diso, o USUARIO debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados ós correspondentes ficheiros automatizados polo CPXG.

O CPXG proporcionará aos usuarios os recursos técnicos adecuados para que, con carácter previo á entrega dos datos persoais, poidan acceder a este aviso sobre a Política de Protección de Datos de Carácter Persoal ou a calquera outra información relevante, e poidan prestar o seu consentimento a fin de que o CPXG proceda ó tratamento automatizado dos datos persoais dos usuarios.

O CPXG resérvase o dereito a modificar a presente política para adaptala a novidades ou esixencias lexislativas e xurisprudenciais así como a prácticas da industria, tendo en todo momento en conta os lexítimos intereses do consumidor ou usuario. Certos servizos prestados na web poden conter condicións particulares con previsións específicas en materia de protección de datos persoais.

I. DISPOSICIÓNS PRELIMINARES

I.1. Normas de contratación

O presente contrato constitúese como Condicións Xerais de Contratación dos servizos suministrados polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, estando o seu obxeto e demais condicións expostas en adiante. Para a subscripción e alta efectiva nos servizos ofrecidos polo CPXG que así o requiran é necesario ler e encher se é necesario, o formulario de subscripción.
As presentes condicións están suxeitas ó disposto na Lei 7/1998, de 13 de abril, sobre Condicións Xerais da Contratación (B.O.E 14-4-1998), na Lei 26/1984, de 19 de xullo, Xeral para a Defensa dos Consumidores e Usuarios (B.O.E 24-7-1984), no Real Decreto 1906/1999, de 17 de decembro de 1999, polo que se regula a Contratación Telefónica ou Electrónica con Condicións xerais en desenvolvemento do artigo 5.3 da Lei 7/1998, de 13 de abril de 1998, de Condicións Xerais da Contratación, a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, a Lei 7/1996, de 15 de xaneiro de Ordención do Comercio Minorista, e demais disposicións vixentes.

I.2. Obxecto do contrato

O contrato ten por obxecto regular as Condicións xerais de prestación dos servizos ofrecidos gratuitamente polo CPXGa través da súa web.

I.3. Partes contratantes

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG)

O CPXG é unha empresa cuxa actividade principal consiste en proporcionar información da actualidade en materia de comunicación a través de Internet, contando ó efecto cos medios e autorizacións suficientes, a través do dominio, xornalistas.com.

Consumidor ou Usuario

Enténdese por consumidor (destinatario final) e por usuario (destinatario do servizo), calquera persona (física ou xurídica), que adquira, utilice ou desfrute, calquera dos servizos que se especifican na WEB do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia. En adiante, usuario.

II. PROCESO DE CONTRATACIÓN

II.1. Alta nos servizos. Subscripción

Para o procedemento de alta nos servizos gratuitos ofrecidos polo CPXG na súa web, que requiran subscripción, será necesaria a recopilación de datos persoais que o usuario facilitará libre e voluntariamente e que se fará efectiva no Formulario de Subscripción, a cuxos efectos declara que toda a información suministrada á hora de rexistrarse é veraz, completa e precisa. Toda a información dos seus datos persoais será tratada de conformidade ó estipulado no apartado II.3 destas Condiciónse á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de 1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal.

No caso de que sexa necesaria a cesión dos datos de carácter persoal do usuario por parte do CPXG a terceiros, o CPXG advertirá e solicitará ao usuario previa e expresamente da cesión, indicando a identidade do cesionario e a finalidade da cesión.
En todo caso, reveleranse os datos dos usuarios por requerimento das autoridades administrativas competentes ou por mandato xudicial.

O usuario declara que todos e cada un dos datos e informacións aportados son correctos, e que coñece e acepta na súa integridade as Condicións, que rexerán a partir da contratación as súas relacións co Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

O usuario debe aceptar as Condicións para iniciar o proceso de rexistro.

II.2. Claves de Acceso

O usuario elexirá e indicará as súas propias Claves de Acceso (nome de usuario, "log" e contrasinal, "password"), non podendo elexir como "login" palabras, expresións ou conxuntos gráfico-denominativos malsoantes, inxuriosos, coincidintes con marcas, nomes comerciais, rótulos de establecementos, denominacións sociais, expresións publicitarias, nomes e seudónimos de personaxes de relevancia pública ou famosos para cuxa utilización non estea autorizado e, en xeral, contrarios á lei ou ás esixencias da moral e bos costumes xeralmente aceptados.
A asignación do nombre de usuario (log) prodúcese de maneira automática previa elección do usuario. No suposto de que estas claves solicitadas estean reservadas, o usuario deberá introducir unhas novas claves de acceso.

O usuario comprometese a facer un uso dilixente das Claves de Acceso, a non poñelas a disposición de terceiros, e a comunicar ó CPXG a perdida ou roubo das Claves de Acceso e o posible acceso por un terceiro ás mesmas.

II.3. Datos persoais dol usuario

II.3.1. Protección, recollida e tratamento automatizado dos datos de carácter persoal

Os datos persoais suministrados polo usuario son confidenciais e están protexidos conforme á Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro de 1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal, ó Real Decreto 994/1999, de 11 de xuño, polo que se aproba o Reglamento de medidas de seguridade dos ficheiros automatizados que conteñan datos de carácter persoal, e demais disposicións vixentes.

O CPXG informa aoss usuarios sobre a súa Política de Protección de Datos de Carácter Persoal, para que os usuarios determinen libre e voluntariamente se desexan facilitar os seus datos persoais.
O CPXG adoptou os niveis de seguridade de protección dos datos persoais legalmente requeridos, e instalou todos os medios e medidas técnicas o seu alcance para evitar a perda, mal uso, alteración, acceso non autorizado e roubo dos datos persoais facilitados. O usuario debe ser consciente de que as medidas de seguridade en Internet non son inexpugnables.

O CPXG reservase o dereito a modificar as presentes Condicións para adaptalas a novidades ou esixencias lexislativas e xurisprudenciais así como a prácticas da industria, tendo en todo momento en conta os lexítimos intereses do consumidor ou usuario.

Os datos persoais recollidos serán obxecto de tratamento automatizado e incorporados ós correspondentes ficheiros automatizados polo CPXG con enderezo na rúa San Pedro de Mezonzo 48, 1º C 15701 Santiago de Compostela.

II.3.2.Finalidade da recollida e tratamento automatizado de datos de carácter persoal

A recollida e tratamento automatizado dos datos persoais, como consecuencia da navegación polas páxinas da web, da consulta, solicitude ou subscripción de calquera servizo/s, promoción/es ou concurso/s, dos ofrecidos polo CPXG, ten como finalidade, proporcionar ao usuario unha experiencia personalizada na Rede dos sitios do CPXG e o mantemento da relación contractual establecida entre ambos os dous, así como a xestión, administración, prestación, ampliación e mellora dos servizos nos que o usuario decida subscribirse, darse de alta ou utilizar, e a adecuación de ditos servizos ás preferencias e gustos dos usuarios.

Tamén tén como finalidade o estudo cuantitativo e cualitativo das visitas e da utilización dos servizos por parte dos usuarios, o deseño de novos servizos relacionados cos servizos propios do CPXG e as súas actualizacións, e o envío por medios tradicionais e electrónicos de información técnica, operativa, aquela relacionada cos parámetros concretos seleccionados polo usuario no Formulario de Subscripción, formularios de enquisas ou información comercial ou publicitaria sobre os produtos e servizos ofrecidos polo CPXG.

En ningún caso O CPXG utilizará os datos persoais dos usuarios para fins distintos dos anteriormente mencionados, salvo previa advertencia recollida na web outorgando un prazo razoable para a oposición do usuario a iso.

O CPXG actúa como mero difusor en relación ós "banners" ou outros medios publicitarios, que aparecen na web alleas a servizos prestados polo CPXG.

II.3.3.Dereitos dos Usuarios en relación os seus datos persoais

Os usuarios teñen recoñecidos, e poderán exercitar os dereitos de acceso, cancelación, rectificación e oposición ó tratamento, uso e cesión dos seus datos mediante comunicación dirixida ó CPXG por correo postal dirixido ó Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, R/ San Pedro de Mezonzo, 48, 1º C 15701 Santiago de Compostela, acompañando neste caso copia do carné de colexiado que permita acreditar a súa identidade.

O usuario exerce o seu dereito a estar informado, sobre as finalidades para as que se autoriza o uso dos seus datos, e das cesións realizadas polo CPXG dos seus datos a terceiros colaboradores do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

II.3.4.Cesión de datos persoais dos Usuarios a terceiros

O CPXG non cederá os datos persoais dos usuarios que se recollen a través da web a terceiros sen consentimento expreso do usuario. Para iso o CPXG ofrecerá previamente ao usuario a posibilidade de aceptar ou non esta cesión.

O CPXG informará expresamente ao usuario sobre a cesión dos seus datos de carácter persoal a terceiros, indicando a identidade dos cesionarios e a finalidade da cesión dos datos de carácter persoal.

II.3.5. Uso de Cookies e do ficheiro de actividade

O CPXG pode utilizar cookies cando un usuario navega polos sitios e páxinas da web. As cookies son ficheiros enviados a un navegador por medio dun servidor web para rexistrar as actividades do usuario na web.

As cookies utilizadas polo CPXG están asociadas unicamente cun usuario anónimo e o seu ordenador e non proporcionan por si o nome e apelidos do usuario. Grazas ás cookies, resulta posible que O CPXG recoñeza aos usuarios rexistrados despois de que estes se rexistraran por primeira vez, sen que teñan que rexistrarse en cada visita para acceder ás áreas, servizos, promocións ou concursos reservados exclusivamente a eles. Empréganse tamén para medir a audiencia e parámetros do tráfico, controlar o progreso e número de entradas.

O usuario ten a posibilidade de configurar o seu navegador para ser avisado en pantalla da recepción de cookies e para impedir a súa instalación no seu disco duro. Consulte as instruccións e manuais do seu navegador para ampliar esta información. Para utilizar a web, non resulta necesario que o usuario permita a instalación das cookies enviadas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, sen prexuizo de que sexa necesario que o usuario inicie unha sesión como tal en cada un dos servizos cuxa prestación esixa o previo rexistro ou login.

De igual maneira, os servidores web do CPXG detectan de maneira automática a IP e o nome de dominio utilizados polo usuario. Toda esta información é rexistrada nun ficheiro de actividade do servidor que permite o posterior procesamento dos datos co fin de obter medicións estatísticas que permitan coñecer o número de impresións de páxinas, o número de visitas realizadas ós servizos web, etc.

II.4. Prestación do servizo

II.4.1. Carácter gratuito dos servizos ofrecidos

Os servizos accesibles polos usuarios na web, ofrecidos polo CPXG son en principio gratuitos, sen que o usuario teña que realizar contraprestación algunha para poder desfrutar deles. Iso sen prexuízo de que, a utilización dalgún dos servizos da web só poderá facerse mediante a mera subscripción ou rexistro do usuario.

O CPXG reservase o derecho de modificar sen previo aviso as Condicións dos servizos incluido o carácter gratuito dos mesmos.

O usuario poderá acceder a través da web a servizos ofrecidos por colaboradores do CPXG que disporán das súas propias Condicións xerais de contratación onde se especificará o carácter gratuito ou oneroso dos mesmos.

II.4.2. Forma de prestación del servizo

O usuario poderá contratar un ou varios dos servizos que se especifican na web. Dita contratación poderá realizarse en calquera momento durante a vixencia do presente contrato previa aceptación polo usuario das Condicións previstas no mesmo.

A prestación destes servizos rexerase segundo as Condicións establecidas no presente contrato, e no seu caso, nas correspondentes Condicións Particulares previstas para os servizos que así o especifiquen. Dita prestación baséase na contratación, por parte do USUARIO de calquera dos servizos ofrecidos polo CPXG en xornalistas.com.

O servizo suministrado ten carácter persoal e intransferible.

O contido das páxinas web ás que os usuarios acceden a través do servizo de buscador non é controlado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, polo tanto, o seu contido pode cambiar posteriormente sen coñecemento do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, que en ningún caso será responsable deste cambio.

IV. PROPIEDADE INTELECTUAL DOS CONTIDOS DA WEB

Os textos (informacións, conceptos, opinións e outros análogos) e elementos gráficos (deseño, logos, código fonte e outros análogos) que constitúen a web e difundidos a través deste, así como a súa presentación e montaxe, son titularidade exclusiva do CPXG ou ostenta os dereios de explotación destes a través de acordos con terceiros.

Neste sentido, constitúense como obras protexidas polo conxunto da regulamentación española e comunitaria no ámbito da propiedade intelectual, conforme ó Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual e a Lei 5/1998, de 6 de marzo, de Incorporación ó Dereito Español da Directiva 96/9/CE sobre a Protección Xurídica das Bases de Datos, resultándolles asimesmo de aplicación os tratados internacionais subscritos neste campo.

O CPXG non concede licencia de uso ou autorización algunha sobre os seus dereitos de propiedade industrial e intelectual ou sobre calquera outra propiedade ou dereito relacionado coa súa web, salvo acordo expreso con terceiros.

Os usuarios poderán levar a cabo a reproducción dos contidos da web coa única fin de proceder ó seu almacenamento, á realización de copias de seguridade ou a súa impresión sobre papel para uso privado.

Á marxe do anterior, queda prohibida toda reprodución, distribución, transformación, presentación, total ou parcial, do contido da web ou dalgún dos seus elementos, de forma directa ou indirecta por redes telemáticas ou soportes análogos, cunha fin comercial dirixida ó público ou para unha utilización máis aló das mencionadas, aínda citando a fonte, sempre que non se conte coa autorización expresa e por escrito do CPXG e no seu caso de terceiros colaboradores. O incumprimento do anterior facultará ó CPXG para interpor as accións legais pertinentes.

Quedan especialmente prohibidas:

  • A presentación duna páxina da web nun marco doutra páxina web que non pertenza ó Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, mediante a técnica "framing" a non ser que conte co expreso consentimento por escrito do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • A inserción dunha imaxe difundida na web nunha páxina ou base de datos, non pertencente ó Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, mediante a técnica "in line linking" se iso non conta coa expresa autorización do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
  • A extracción e uso de elementos da web causando ou non un prexuízo calquera ó Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, conforme ás disposicións do Real Decreto Lexislativo 1/1996, de 12 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Propiedade Intelectual e a Lei 5/1998, de 6 de marzo, de Incorporación ó Dereito Español da Directiva 96/9/CE sobre a Protección Xurídica das Bases de Datos.

O CPXG deberá autorizar expresamente o establecemento de ligazóns de hipertexto (hipervínculos) web dirixidos á homepage desta web ou a calquera outra páxina interna desta, sempre que as correspondentes páxinas aparezan nunha xanela completa e baixo os enderezos electrónicos propios do mesmo.

Os dereitos non expresamente concedidos anteriormente quedan reservados ó CPXG ou no seu caso a terceiros colaboradores.

Todos os nomes comerciais, marcas ou signos distintivos, logotipos, símbolos, marcas mixtas, figurativas ou nominativas que aparecen nesta web pertencen ó CPXG ou dispón, previa autorización, do dereito de uso sobre as mesmas e se encontran protexidos pola lexislación vixente ó respecto.

V. RESPONSABILIDADES

Exención de responsabilidade polos contidos e servizos prestados

O CPXG inclúe na súa web unha serie de contidos propios dunha publicación electrónica, así como, de seccións elaboradas polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, ou mediante acordos de colaboración con outras entidades (en adiante referidos de forma xenérica como contidos).

O CPXG proporciona ós seus usuarios a través da web, múltiples servizos (en adiante, servizos)
Tanto os servizos como os contidos ofrecidos aos usuarios poden ser ampliados ou modificados nun futuro polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, extendéndose a eles todo o disposto neste apartado.

Exención de responsabilidade por contidos facilitados polo CPXG ós seus usuarios a través da WEB, e aqueles accesibles a través do buscador da web.

Os contidos das páxinas web ós que os usuarios acceden a través do servizo de buscador da web non son controlados polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, polo que en ningún caso O CPXG se fará responsable deste.

O CPXG exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que poidan derivarse do acceso aos contidos, informacións, publicidade, opinións, conceptos e imaxes facilitadas aos usuarios, ou polos contidos accesibles a través do buscador da web, que sexan contrarios á lei, a moral, a boa fe e a orde pública, infrinxan dereitos de propiedade intelectual, industrial ou conteñan calquera vicio, defecto, virus informático ou rutina de software similar.

No momento no que o CPXG tivera coñecemento de que algún dos contidos, opinións e conceptos aloxados na web foran contrarios á lei, a moral, a boa fe e á orde pública ou que conteñan calquera tipo de virus informático ou rutina de software similar, procederá a súa retirada.

O CPXG exclúe calquera responsabilidade polos danos e prexuízos de toda natureza que puideran derivarse da captación e uso por parte de terceiros colaboradores das informacións, publicidade, e opinións facilitadas polos usuarios á web.

En calquera caso o CPXG non se responsabiliza dos contidos, informacións e imaxes que non dependan da web, nin sexan xestionados polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, aínda que aparezan na web en virtude dun convenio de colaboración asinado polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Exención de responsabilidade por contidos aloxados en páxinas web accesibles desde a web

O CPXG non se responsabiliza da edición, revisión, censura e verificación dos contidos das páxinas ou sitios de Internet cos que o usuario se conecte a través do motor de busca ou de hipervínculos incluidos na web.

O CPXG non se responsabiliza de ningunha das informacións, opinións e conceptos que se emitan, publiquen ou distribúan directa e indirectamente a través desta web, calquera web interconectada á que se acceda a través da web por medio de ligazóns, ou calquera dos servizos que se vinculen ou relacionen a esta páxina web interconectada.

O CPXG non se responsabiliza do mal uso que se realice dos contidos da web, sendo exclusiva responsabilidade da persoa que acceda a eles ou os utilice.

Os usuarios comprométense a utilizar a web e os seus servizos de conformidade coa Lei, coa moral e bos costumes xeralmente aceptados e a orde pública.

Exención de responsabilidade polo funcionamento da WEB

O CPXG presta os seus servizos e contidos de forma continuada empregando todos os medios técnicos o seu alcance para realizar dita prestación de forma satisfactoria.

O CPXG poderá, cando o considere conveniente, realizar correccións, melloras ou modificacións na información contida na web, nos servizos, ou nos contidos sen que iso dea lugar, nin dereito a ningunha reclamación ou indemnización, nin implique recoñecemento de responsabilidade algunha.

O CPXG non se responsabiliza polos danos e prexuícios de toda natureza que puideran derivarse da dispoñibilidade e continuidade técnica do funcionamento da web. En calquera caso, O CPXG levará a cabo todas as actuacións necesarias para restablecer os seus servizos en caso de fallo técnico.

O CPXG non se responsabiliza polos danos e prexuízos de toda natureza que puideran derivarse do coñecemento que poidan ter terceiros non autorizados dos datos dos usuarios e do uso que fagan na web a través destes datos.

Exención de responsabilidade nas Promocións do CPXG ou de Terceiros incluidas na web

O CPXG exclúe calquera tipo de responsabilidade pola falta de dispoñibilidade da promoción debida a problemas de carácter técnico non imputables á web ou ao Terceiro organizador da mesma.

Igualmente, o CPXG exclúe a súa responsabilidade polos servizos, bens ou produtos que poidan ser adquiridos ou contratados a terceiros a través dun acceso nesta web, especialmente nos casos nos que o proceso de compra ou contratación se realiza directamente na páxina web do terceiro e aínda que aparezan distintivos ou un "frame" cos elementos gráficos da web (Branding).

Exención de responsabilidade polo uso indebido das claves dos usuarios

Os usuarios son os únicos e exclusivos responsables das súas claves de identificación e acceso ós contidos ou servizos da web. Dita identificación componse do código segredo de colexiación ou clave, do DNI e/ou e-mail nalgúns casos, e do nome do usuario.

O CPXG non se responsabiliza do uso indebido das claves de acceso dos usuarios para o acceso ós contidos ou servizos da web que os requiran e das consecuencias derivadas de calquera natureza do mal uso polos usuarios, a súa perda ou esquecemento e o seu uso indebido por terceiros non autorizados.

Imprimir Enviar


© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade