[29/03/2012] A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) denuncia o trato que sufriu B.R., reporteiro gráfico da Fundación Moncho Reboiras da CIG, cando gravaba a actuación dun piquete en Vigo a primeira hora da mañá.
B.R. foi detido e conducido a dependencias policiais, e posteriormente posto en liberdade cos cargos de resistencia e desobediencia á autoridade, polos que será xulgado mañá pola mañá. Foi atendido nun centro médico no que lle apreciaron mazaduras e unha lesión no pulso, segundo a CIG.© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS