Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Venres, 24 de maio de 2013 | 16:32

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

EX TRABALLADORES DO XORNAL ANUNCIAN UNHA NOVA CABECEIRA

Accionistas de Mediapubli compran a web de Público

[25/05/2012] A poxa da web Público.es rematou este mércores coa entrega da marca Público á inmobiliaria Display Connectors, cuxos propietarios coinciden coa maioría dos accionistas que controlaban Mediapubli.

O prazo para presentar ofertas vencía o luns e alí acudiu unha delegación de extraballadores e tamén Toni Cases, accionista de Mediapubli a través da sociedade Investimentos Editoriais Panamericanas e acredor do diario.

Cases presentou a oferta da empresa Display Conector SL, creada en febreiro pasado. Segundo a documentación achegada, os accionistas da empresa que puxa son Pag1SL (como administrador figura un irmán de Cases) cun 40%; Mediacable de Servizos e Produción (na que Roures figura como apoderado) cun 10%; o propio Roures cun 5%, e os socios de Público Tatxo Benet e José Luís Zárraga, entre outros.

A maxistrada Bárbara Córdoba decidiu entregar a marca a esta oferta, que con 412.000 euros superaba nun 170.000 euros a oferta da cooperativa de ex traballadores.

MásPúblico, a cooperativa formada ex traballadores e lectores do diario Público, confirmou tras o resultado da poxa que mantén o seu proxecto, agora coa formación dunha cabeceira propia.

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia