22/05/2013 Dunha banda os contidos, da outra o soporte, no medio a difusión audiovisual. Neste momento agroman dous proxectos: Galiza Ano Cero e Adtlántida.
22/05/2013 Unha abafadora maioría de europarlamentarios aprobou onte unha resolución que pide aos Gobernos da UE medidas para asegurar que os xornalistas poidan desenvolver o seu traballo en liberdade e sen cortapisas.
22/05/2013 O ministro de Facenda, Cristóbal Montoro, asegurou no Senado que o Goberno socialista "se equivocou" co modelo actual de financiamento de RTVE, que suprimiu a publicidade da cadea pública, e haberá que facer "rectificacións".
22/05/2013 Os traballadores de Radio Vitoria, unha das emisoras da EiTB, denunciaron que a dirección lles comunicou que 10empregados non renovarán os contratos. Os afectados son eventuais, alguns cunha traxectoria na cadea pública de máis de 10 anos.
Esta primeira semana de maio coinciden as celebracións do Día Internacional dos Traballadores e o Día Mundial da Liberdade de Prensa. Ambas as dúas datas foron reivindicadas polas distintas asociacións de profesionais da comunicación.
Entrar
15/05/2013 Os peche dos medios de comunicación en galego que afectou a boa parte deles hai pouco máis dun par de anos debeuse en boa medida máis á debilidade do proxecto empresarial que a outros factores.

09/05/2013 Mónica García Prieto recolle hoxe en Ferrol o IX Premio José Couso de Liberdade de Prensa, que organizan o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, en colaboración coa Obra Social ‘la Caixa’. A xornalista reivindicou, nunha rolda de prensa, o importante labor dos xornalistas freelance para informar do que acontece.
21/05/2013 Os traballadores das redaccións do El Mundo en Sevilla e Málaga seguiron ao 100% o primeiro dos dous días de folga convocada polos representantes sindicais en protesta polos despedimentos realizados pola dirección de xeito unilateral.
14/05/2013 O Comité Intercentros ven de convocar a todos os traballadores/as de La Voz de Galicia á primeira xornada de loito no marco do período de consultas aberto pola empresa para a inaplicación do Convenio Colectivo.

21/05/2013 Preside Henrique Sanfín a recén creada Asociación Galega de Medios, unha entidade que agrupa catorce cabeceiras, a práctica totalidade de medios que teñen no galego a súa lingua de comunicación.
21/05/2013 O director de Comunicación e Relacións Institucionais de RTVE, Alfonso Nasarre, preguntouse onte se España se pode permitir un modelo de televisións públicas autonómicas, no que só cinco das trece teñen uns niveis de audiencia que superan o 10%.

10/05/2013 O Presidente da Fundación TIC e da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, presentou o I Festival Itinerante de Balcóns e Espazos Sonoros, iniciativa pioneira en Galicia organizada polos alumnos de 1º de Produción da Escola de Imaxe e Son de Lugo.
26/04/2013 Bolseiros da Escola de Imaxe e Son e persoal técnico da Fundación TIC gravarán as actuacións da Semana da Danza de Lugo, que se celebra do 24 ó 30 de abril, en homenaxe á bailarina Isadora Duncan.
'15 cuentos breves y extraordinarios'
I Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais INLUGO
© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS