Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Xoves, 23 de maio de 2013 | 11:25

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Asesoría

Avogados Trillo Sánchez Campos

O asesoramento foi o primeiro servizo posto en marcha despois da elección da primeira Xunta de Goberno do Colexio de Xornalistas. Este designou, para facerse cargo dos labores relacionados coa asesoría xurídica, o despacho de avogados Trillo y Sánchez Campos.

A contratación da asesoría xurídica ofrece diferentes posibilidades e niveis de defensa, asesoramento e consulta a disposición de todos os xornalistas colexiados. Comprende todo tipo de consultas de natureza legal, que os colexiados poderán formular (por vía telefónica, fax ou e-mail) e que serán resoltas por parte do despacho á maior brevidade posible gozando de prioridade absoluta.

Nas referidas consultas, os colexiados haberán de indicar nome, número de colexiado e teléfono de contacto, fax ou e-mail onde remitir a contestación ás cuestións xurídicas estudiadas.

De xeito mais pormenorizado, os labores que exerce a asesoría xurídica son os seguintes:

  • Redacción de todo tipo de contratos, ditames ou consultas.
  • Reclamacións por débito, así como toda clase de xestións para o recobro das cantidades endebedadas.
  • Asesoramento e asistencia a reunións tanto con empresas privadas como con organismos públicos, así como colaboración activa na elaboración e redacción de calquera convenio que se firme entre as partes.
  • Convocatorias e asistencias a reunións tanto con empresas privadas como con organismos públicos, así como colaboración activa na elaboración e redacción de calquera convenio que se firme entre as partes.
  • Redacción de actas e certificacións das reunións das Xuntas de Goberno ou Asembleas.
  • Intervención e asesoramento en xestións, compras, vendas ou calquera transacción mercantil ou doutra índole.
  • Defensa xurídica xudicial e extraxudicial do Colexio Profesional en asuntos de calquera índole (Civil, Penal, Administrativo, Laboral e Tributario) ante reclamacións presentadas contra a entidade ou compoñente da Xunta de Goberno por actuacións derivadas do exercicio das súas funcións.
  • Asesoramento xurídico ós Colexiados, incluíndose dentro desta proposta de colaboración tanto a consulta xurídica como o requirimento de pagamento ou transacción mediante carta certificada e comunicación telefónica ou persoal coa parte contraria.
  • Redución do 30% sobre os Honorarios Profesionais en todas as actuacións xudiciais e extraxudiciais (non incluídas na proposta de colaboración) dos Colexiados tanto por asunto de índole profesional como persoal (separacións, herdanzas, reivindicatorias, etc).
  • Servizo de asesoría en liña para os colexiados a través da intranet.


© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia