Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Domingo, 19 de maio de 2013 | 22:30

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Como colexiarse

En virtude da Lei 2/1999 do Parlamento de Galicia, de 24 de febreiro, de creación do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia e dos estatutos do CPXG aprobados polo Decreto 189/2000 de 29 de xuño, da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais só poderán ser membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia quenes estean en posesión do título de licenciado en Xornalismo, para o que habilitan as titulacións correspondentes das facultades de Ciencias da Información, Ciencias da Comunicación ou Ciencias Sociais. Tamén poderá colexiarse quen teña superado o primeiro ciclo de Xornalismo, pero non adquirirá plenos dereitos de colexiado ata que non remate os seus estudos.

Para realizar este trámite pode descargarse este documento (arquivo Microsoft Word) e seguir as instrucións que se indican nel.

Os dereitos de colexiación requiren o pagamento de 30´05 euros, máis unha cuota total anual de 72´12 euros, a pagar en senllos cobros de 36´06 euros que se efectúan en xullo e decembro.

Ata o 30 de xuño de 2013 a alta no Colexio de Xornalistas é de balde

Vantaxes de colexiarse

Facerse membro do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) é a mellor maneira que teñen o/as xornalistas galego/as de defender a profesión e ao tempo contar co amparo da mesma. Sendo colexiado/a o/a profesional conta cun organismo que actúa constantemente na defensa da profesión a nivel ético, competencial, de dereitos, e mesmo laboral; ao tempo que dispón de todas as vantaxes para acrecentar a súa formación de forma continua ou acceder a descontos moi favorecedores en diferentes productos e servizos.

O CPXG conta cun servizo de asesoría xurídica na que a primeira consulta é de balde. En caso de que o/a colexiado/a teña algún problema a resolver, se se trata de pequenos procesos seguiría estando asistido/a gratis; e no caso de procesos de maior envergadura tería un 30% de desconto sobre as taxas dos avogados. Ademais o Colexio ofrece amparo en conflictos de carácter profesional nos que se vexan implicado/as o/as xornalistas colexiado/as.

Para alén diso, cada colexiado/a conta cun carné de prensa co que pode acreditarse como xornalista e como membro do CPXG. O Colexio organiza periodicamente cursos de formación aos que se pode acceder con descontos ou de maneira gratuíta. Por outra banda, o/as colexiado/as teñen acceso privilexiado a información, publicacións, xornadas, debates e foros sobre a profesión.

Como complemento a todo o relacionado coa profesión, o Colexio conta cunha serie de convenios con diferentes empresas mediante os que os/as colexiado/as poden acceder a descontos e tarifas especiais en distintos productos e servizos. O CPXG conta cunha ampla lista de concesionarios de coches, aseguradoras, hoteis, axencias de viaxes, salas de cinema, compañías aéreas, ferroviarias e de autobuses, librerías, clínicas, e outras tendas e empresas nas que aproveitar todas as vantaxes de ter un carné de colexiado/a.

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia