Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia


Xoves, 02 de setembro de 2010 | 21:28

Portada | Mapa web | Contacto



Imprimir Enviar

Servizos e Convenios

Avogados Trillo Sánchez Campos

Carné da FIP

Compra de automóviles

Aluguer de Coches

Hoteles

Servizos Bancarios

Idiomas

Lecer

Librarías

Museos

Saude

Cenor

Telefonia

Transportes

Viaxes

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia asinou convenios con diversas entidades financeiras, médicas ou hostaleiras segundo os que todos os colegiados poderán obter vantaxes especiais nos servizos contratados. Publicase en cada unha desas ofertas os códigos de desconto para acceder a elas:

ASESORÍA XURÍDICA


Trillo y Sánchez-Campos Avogados
Servizo de asistencia xurídica para membros do CPXG. Comprende todo tipo de consultas de natureza legal, que os colexiados poderán formular e que serán resoltas por este despacho de avogados, gozando de prioridade absoluta.

ASESORÍA EN LIÑA: Podes enviar a túa consulta e recibirás a resposta na mayor brevidade posible.

CARNÉ DA FIP

Os xornalistas das organizacións vinculadas á FeSP, como é o caso dos membros do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG), poden solicitar o carné da FIP. Para facelo, é preciso enviar ao Colexio, ademais dunha fotografía recente, os seguintes datos: nome completo, data de nacemento, nacionalidade, enderezo postal persoal completo, correo electrónico, número do documento de identificación (NIF, NIE ou pasaporte) e data de caducidade do mesmo.

O custo deste carné para os colexiados e colexiadas que o soliciten nos próximos tres meses será de 40 euros, ata o 31 de xullo. Pasado este tempo, a expedición de dito carné será de 45 euros. Unha vez enviados os datos e realizado o ingreso, o titular será chamado para asinar o carné antes da súa plastificación.

Para máis información, as persoas interesadas poden contactar co Colexio a través de xornalistas@xornalistas.com ou no teléfono 981 93 56 70.

AUTOMÓBILES – COMPRA


Grupo Compostela Motor
8% de desconto na gama de automóbiles Toyota e 1% de desconto en automóbiles SEAT (prezo antes de impostos).
Concesionarios situados no Milladoiro (Teo).

Automóbiles Gestoso:
300€ de desconto en automóbiles Renault e automóbiles de 2ª man.
Establecementos en Lugo, Ribadeo, Viveiro, Pontevedra, Vilagarcía, A Estrada e A Cañiza

Composmotor:
12% de desconto en automóbiles Opel da gama Agila e un 9% no resto de gamas (descontos compatibles coas campañas que existan no momento de realizar a compra).
10% de desconto en automóbiles Chvrolet gama Épica, un 8% na gama Captiva e un 14% no resto de gama.
Para os automóbiles Cadillac e Corvette, o concesionario comprométese a estudar cada caso particular, aplicando tarifas especiais para os colexiados.
Establecementos en Oleiros, Santiago de Compostela, Ribeira e Vilagarcía de Arousa.

Coper S.A.
Entre un 8 e un 15% de desconto en automóbiles Seat.
Establecementos en Ourense

Grupo Breogán
Entre un 7 e un 9% de desconto en automóbiles Kia.
Establecementos en Lugo, Ferrol, A Coruña e Carballo.

Mourente Motor:
Entre un 14,5 e un 16,5% de desconto en automóbiles Ford.
Establecementos en Pontevedra e Vigo.

Noyamóvil:
3% de desconto en automóbiles Citroën. Entre un 10 e un 17% de desconto en automóbiles Lancia.
Establecemento en Compostela

Tomóvil:
Entre un 14 e un 20% de desconto en automóbiles Ford.
Establecementos en Ourense, Carballiño e Verín.

AUTOMÓBILES - ALUGUER

Avis:
Tarifas especiais corporativas.

Europcar:
Tarifas especiais en determinados modelos:
Kia Picanto ou similar: 38 euros/día I.V.A. inclusive
Fiat Bravo ou similar: 46euros/día I.V.A. inclusive
Furgonetas dende: 50eruos/día I.V.A. inclusive

ALOXAMENTO


AC Hoteis:
Diferentes descontos sobre tarifas corporativas.
Establecementos na Comunidade Valenciana, Estremadura, Galicia, Illas Canarias, A Rioxa, Madrid, Murcia e Navarra.

Balneario de Mondariz:
15% de desconto en aloxamento, 20% de desconto en balneario, 20% de desconto en campo de golf, 50% de desconto en precio Green Fee non Abonado. 20% de desconto no abono anual para o Pazo da Auga ou 17€ por unha entrada. 10% de desconto en programas especiais organizados por parte do Balneario Mondariz.

Caldaria: Balnearios de Arnoia, Lobios, Laias e Abadía de Arnoia:
10% de desconto sobre os servizos de aloxamento, 20% en servizos soltos de balneario (agás estética e consulta médica), Uso de balde das piscinas interiores e exteriores durante a estadía.

Gran Hotel La Toja
Prezos especiais en temporada alta e media. Descontos do 10% en temporada alta e pontes estatais no aloxamento, almorzo e acceso ao Clube Termal.

Hesperia
Os colexiados/as teñen dereito á TarifaPrivilege para os Hoteis Hesperia. Tamén descontos especiais nos complexo do balneario de Guitiriz.

NH Hoteles:
Un 5% de desconto sobre a mellor tarifa dispoñible que ofreza o hotel. Todos os días agás tempada alta e períodos feriais.Establecementos en España e Portugal.

Pousadas de Compostela:

HOTEL VIRXE DA CERCA ****:
Hab. Individual en réxime de aloxamento e almorzo: 65 Euros + 7% i.v.e. (por noite/hab.)
Hab. dobre en réxime de aloxamento e almorzo: 85 Euros + 7% i.v.e. (por noite/hab.)
HOTEL POMBAL ***:
Hab. Individual en réxime de aloxamento e almorzo: 60 Euros + 7% i.v.e. (por noite/hab.)
Hab. dobre en réxime de aloxamento e almorzo: 80 Euros + 7% i.v.e. (por noite/hab.)
HOTEL SAN CLEMENTE **: Hab. Individual en réxime de aloxamento e almorzo: 55 Euros + 7% i.v.e. (por noite/hab.)
Hab. dobre en réxime de aloxamento e almorzo: 75 Euros + 7% i.v.e. (por noite/hab.)

Sol Meliá:
Tarifas especiais corporativas.

ECONOMÍA


Bankinter:
Condicións preferentes en produtos e servizos financeiros.

Barclays:
Oferta de productos e servizos financieros especiais nos que se inclúen comisións 0 nas contas correntes, devolucións de 3% dos recibos domiciliados. Tarxetas de crédito gratuitas no primeiro ano e sucesivos.
Condicións preferentes en préstamos hipotecarios e persoais.

Caixa Galicia:
Condicións especiais de servizos bancarios.
Están tamén a disposición dos colexiados os novos servizos dos Centros On de Caixa Galicia

Santander Central Hispano:
Servizo Financeiro Integral (inclúe ofertas en conta corrente ou de aforro, supercrédito persoal e modalidades hipotecarias).
Oferta especial de seguros e vantaxes na utilización de medios de pagamento.

Vitalicio:
Servizos persoais e patrimoniais (xubilación, aforro e inversión, saúde e enfermidade, vida e accidentes, vivenda ou automóbil entre outros). Planificados de forma individual.

IDIOMAS


Alianza Francesa
5% de desconto nas distintas tarifas en cada unha das súas delegacións de Galicia, situadas na Coruña (Rúa Real, 26, 1º), Santiago de Compostela (Rúa do Hórreo, 23, 1º) e Vigo (Rúa República Arxentina, 22, 1º).

KWK
Imparte clases de alemán, inglés, francés, italiano, portugués, chino e español para estranxeiros con profesores nativos, bilingües e licenciados. O prezo das clases en grupo é de 90 euros ao mes por dúas horas semanais (grupos de 2) e de 128 euros por tres horas semanais. Para grupos de tres a cinco persoas o prezo é de 64 euros por dúas horas semanais e 90, por tres horas. O prezo das clases individuais é de 14 euros / hora, e o alumno será o que escolla o número de horas semanais que quere que se lle impartan. O desconto que ofrecerían aos colexiados é a matricula gratuita. KWK ten sedes tanto na Coruña (Benito Blanco Rajoy, 8) como en Ferrol (María, 91).

Speakenglish
Cun desconto para os colexiados dun 5% sobre as tarifas xerais e que o custe da matrícula sexa de 19 euros.
As tarifas xerais son as seguintes:

CLASES EN GRUPO:
3 días á semana: 72,00 euros/mes
2 días á semana: 64,00 euros/mes

CLASES INDIVIDUALES:
1 á semana: 76,00 euros/mes
2 á semana: 145,00 euros/mes
3 á semana: 210,00 euros/mes
Speakenglish atópase en Rúa Puente, 6 e 8 – Baixo, na Coruña.

The London Institute
7% de desconto sobre a tarifa de cursos individuais.
10% de desconto sobre a tarifa de cursos grupais.
5% de desconto nos servizos de traducción e traducción xurada.
Sede en Ferrol (Avenida do Rei, 72)

Theatrical
Theatricalofrece uns descontos dun 15% sobre as tarifas habituais, que son as seguintes:
- 16 euros por sesión, as clases particulares.
- 35 euros ao mes, clase grupal 1 día á semana.
- 60 euros ao mes, clase grupal 2 días á semana.
- 80 euros ao mes, clase grupal 3 días á semana.
Tamén ofrece clases de inglés por teléfono, cun custe de 16 euros por sesión.
Theatrical está situada na rúa Rosalia de Castro 15, 1º, en A Coruña.

LECER


Centro Dramático Galego:
40 % desconto nas entradas para o CDG e calquera espectáculo do Salón Teatro.
Establecementos en Compostela.

Ximnasio-Spa Espagat
Matrícula gratuíta. 10% de desconto en todos os servicios, na cuota mensual, na cuota fin de semana e na cuota spa.

Yelmo Cineplex:
Tarifas reducidas de martes a venres, agás nas sesións anteriores ás 17.00h.
Establecementos na Coruña, Lugo e Vigo.

LIBRARÍAS E PAPELARÍAS


Abraxas – Aula 25:
5% de desconto en todos os productos.
Establecementos en Compostela.

Librería Arenas:
5% de desconto en todos os productos.
Establecemento en A Coruña.

Librería Galicia:
Desconto do 5% en libros (excepto Libros de texto) e do 10% en material de oficina e escolar.
Establecemento en Lugo.

MUSEOS E FUNDACIÓNS


Entrada gratuíta ós seguintes museos e fundacións, previa presentación do carnet de colexiado do CPXG.

Fundación Eugenio Granell(Praza do Toural, s/n, Santiago de Compostela)

Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea (Rúa do Castro, 2,
Betanzos – A Coruña)

Museo Guggenheim (Abandoibarra Etorbidea, 2, Bilbao)

Museo Thyssen – Bornemisza (Paseo do Prado, 8, Madrid)

Fundació Antoni Tàpies (Aragó, 255, Barcelona)

Museos Parisínos, os colexiados e colexiadas co CPXG poderán entrar de forma gratuíta nos seguintes museos de París:
Museo de Orsay
Museo do Louvre
Museo Rodin
Museo medieval de Cluny
Torres de Nôtre Dame
Museo Arqueolóxico de Nôtre Dame
Conciergerie
Arco dotriunfo
Museo Nacional Picasso
Os Inválidos (Museo da Armada)
Panthéon
Museo de l'Orangerie
Centro Pompidou


SAÚDE


Adeslas:
Servizos de asistencia sanitaria en condicións moi vantaxosas. Inclusión da póliza Adeslas Dental sen custo. Válido para colexiado/a e familiares directos. Tarifas: de 0 a 44 ANOS: 51,15 € persona/mes, de 45 a 59 ANOS: 58,06 € persona/mes.

Mapfre:
Inclúe prestacións básicas de asistencia primaria, asistencia especializada, hospitalización, tratamento e servicios especiais, cobertura dental, etc. Tarifas:o primeiro recibo mensual sería de 43,24 euros, sendo os seguintes de 41,74.

Clínicas Baviera:
Diferentes descontos en consultas, intervencións e operacións. Válido para colexiado/a e familiares directos. 35 euros/consulta e 995 euros/ollo a corrección por láser.
Establecementos na Coruña e Vigo.

Clínicas de fisioterapia:
20% de desconto segundo tarifas. Consulta de fisioterapia e exploración kinesiolóxica de balde.
Establecementos: José Luis Aristin (A Coruña), Hospital Juan Carmona (Ferrol), Emiliano García (Lugo), Clínica Casiano S.L. (Ourense), Enrique Fernández García (Pontevedra), Fisiogal S.L. (Santiago) e Alfonso Penas (Vigo).

Clínicas Vitaldent:
Diferentes prestacións gratuítas.Financiamento até 5 anos dos tratamentos ou a 12 meses sen intereses. Desconto do 3% en pronto pago de tratamentos.
Establecementos na Coruña, Ferrol, Carballo, Compostela, Vigo, Pontevedra, Vilagarcía, Lugo, Ourense e Ponferrada.

Multiópticas:
15% de desconto en productos ópticos nos establecementos de MultiÓpticas en Galicia.
10% de desconto en España. Válido para colexiado/a e familiares directos.

TECNOLOXÍA ELECTRÓNICA


Star Center - Cenor:
5% de desconto nos establecementos Star Center do Grupo Cenor de Carballo, Narón, Noia, Santiago de Compostela, Lugo, Monforte de Lemos e Pontevedra.

TELEFONÍA


Vodafone:
Plans especiais para autónomos.

TRANSPORTES


Air Berlin:
25% de desconto en tempada alta ou festivos, 50% de desconto en tempada baixa e diario. Válido para colexiado/a e acompañante. Inclúe 33% de desconto para nenos (menores 12 anos) e 10% de desconto para bebés (menores 24 meses) sobre a tarifa de adulto.

Monbus:
50% de desconto en bonos mensuais.

Renfe:
25% de desconto en viaxes de ida e ida e volta. Inclusión de todos os trens de Alta Velocidade (AVE e AVANT). Posibilidade de beneficiarse de ofertas por asistencia a congresos, sempre a través das entidades organizadoras dos congresos.

VIAXES


Halcón Viajes:
3% de desconto sobre productos de Halcón Viajes (Folletos propios, Travelplan e Weekend Plan). Bonificación acumulábel ao desconto da VISA Halcón. Válida en calquera época do ano.

Marsans:
Descontos do 4% en producto propio ou alleo.

PARA DESFRUTAR DAS VENTAXAS DESTES CONVENIOS É NECESARIO
PRESENTAR O CARNÉ DE COLEXIADO


Máis información na intranet

Se aínda non tes as túas claves para acceder á intranet do CPXG podes solicitalas en xornalistas@xornalistas.com.

© Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

Política de privacidade | Mapa web | Contacto | Sindicación RSS

Coa colaboración de:
Xunta de Galicia. Presidencia. Secretaría Xeral de Comunicación