'Vida', de Gervasio Sánchez

Do ao

Horario: Luns a domingo de 12:00 a 14:00 e de 17:00 a 21:00

Lugar: Sede Afundación Santiago de Compostela. Rúa do Vilar, 19, Santiago de Compostela

Información de contacto:

981 552 577
socioculturales@afundacion.org

A sede Afundación de Santiago de Compostela (Rúa do Vilar, 19) acolle a exposición 'Vida', do fotoxornalista Gervasio Sánchez, unha selección de 68 fotografías que reflicte "o triunfo da vida sobre a traxedia da guerra e a violencia". A mostra estará aberta todos os días até o 7 de xaneiro, en horario de 12::00 a 14.00 e de 17:00 a 21:00 horas.

As imaxes, tomadas polo fotoxornalista e Premio Nacional de Fotografía Gervasio Sánchez, en moi diversos tempos, lugares e contextos, no seu labor como reporteiro dedicado a conflitos armados en todo o planeta.

As súas imaxes concéntranse en mostrar como a vida se sobrepón, como se manifesta en medio das ruínas da guerra e a morte, superándoas. Sánchez convértese así nun fotógrafo que desenvolve o seu labor xornalístico documentando os conflitos con rigor, mais sen caer no sensacionalismo nin a frivolización, antepoñendo sempre a dignidade das vítimas.