38º Premios de Xornalismo do Colegio Oficial de la Psicología de Madrid
Do ao
Información de contacto:
Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid
Cuesta de San Vicente, 4, 6ª planta.
28008 Madrid
dpdcopm@cop.es
O Colegio Oficial de la Psicología de Madrid convocou a 38.ª edición do Premio de Xornalismo. Ao galardón poden concorrer os xornalistas que cos seus traballos contribúan á divulgación da psicología e que foran difundidos durante 2019 a través dalgún medio de comunicación.
Estabelécense dous premios: o Premio Colexio Oficial de Psicólogos de Madrid, distinguido con 5.000 euros, adxudicaráselle a aquel traballo ou traballos que máis contribúan á divulgación da psicología na sociedade, a través dos medios de comunicación; o Premio de Comunicación, recoñecido con 2.000 euros, ao conxunto de traballos ou colaboracións que sexan publicados ou emitidos dunha forma asidua e continua ao longo do ano nos medios de comunicación. Ademais, adxudicarase un premio sen dotación económica denominado: Premio Especial ao Mellor Labor de Divulgación da Psicoloxía, que recoñecerá ao medio de comunicación, xornalista, programa de televisión, espazo radiofónico ou artigo de prensa que divulgue os valores e coñecementos que achegan á sociedade tanto a Psicoloxía como os seus profesionais.
Os traballos deberán ser presentados na sede do Colegio Oficial de Psicólogos de Madrid (Cuesta de San Vicente, 4, 6ª planta. 28008 Madrid) antes do 28 de febreiro de 2020. Máis información nas bases do premio.