Acto de entrega do III Premio Cegasal
Do ao
Horario: Xoves 4 de xullo a partir das 19:00 horas
Lugar: Pazo de Adrán. Lugar De Adran, 4, 15886 Teo
A Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen ánimo de lucro, (CEGASAL) entrega os III Premios Cegasal de Xornalismo á Mellor Información de Economía Social o vindeiro 4 de xullo no Pazo de Adrán (Lugar De Adran, 4, Teo) a partir das 19:00 horas. Os premios contan coa colaboración co Colexio de Xornalistas de Galicia.
Os traballos presentados por Abeta Chas (Expansión) e Xavier Martiñá (Informativos TVE-Galicia) foron os galardonados nesta terceira edición do Premio Cegasal de Xornalismo á Mellor Información de Economía Social, cada medio nunha das dúas categorías: prensa escrita/dixitais e televisión/radio.