Galicia en Foco 2020

Do ao

O Club de Prensa de Ferrol convoca a vixésimo novena edición do certame Galicia en Foco dirixido aos profesionais do fotoxornalismo galego. 

Poderán concorrer os fotoxornalistas cun traballo de tema galego ou relacionado con Galicia publicado en medios de comunicación (papel ou dixital) de cabeceiras recoñecidas entre o 1 de xaneiro e o 31 de decembro de 2019. 

Os participantes terán que optar por unha das dúas modalidades establecidas: 'Foto do ano', no que enviarán como máximo tres fotografías en branco e negro ou cor; e a de 'Foto-reportaxe do ano', no que poderán presentar entre tres e cinco imaxes que formarán unha serie e que irán acompañadas dun texto explicativo da temática cun máximo de 800 carácteres.

Ademais, co obxectivo de recoller unha mostra das imaxes que os fotoxornalistas captaron este ano 2020 sobre os efectos da Pandemia da Covid 19 en Galicia, o Club de Prensa de Ferrol acollerá, tanto no catálogo como na exposición desta 29 edición, aquelas fotografías que os fotoxornalistas captaran desde o 14 de marzo ata o 21 de xuño de 2020 referidas á pandemia, foran ou non publicadas.

Os fotógrafos terán que enviar as súas obras, coa súa ficha individual debidamente cuberta, ao correo galiciaenfoco@clubdeprensadeferrol.com antes do vindeiro 22 de xullo.

Máis información nas bases do premio.