IX Premios Xornalísticos da Asociación de Periodistas Agroalimentarios

Do ao

Información de contacto:

Asociación de Periodistas Agroalimentarios
apae@apae.es

A Asociación de Periodistas Agroalimentarios convoca a novena edición dos seus premios xornalísticos, aos que poden optar todos os xornalistas que desenvolvan a súa actividade profesional en medios españois. Os premios teñen dúas categorías: unha  xeral, dotada cun primeiro premio de 1.000 euros ao mellor texto con temática sobre agricultura, gandaría e/ou alimentación, e unha  especial, consistente nun premio de 1.000 euros ao mellor artigo con temática específica de froitas ou hortalizas.

Podera presentarse un único traballo xornalístico, columna, artigo, crónica, entrevista, reportaxe, etc. por persoa, difundido en español e que fora publicado en calquera medio de comunicación español entre o 11 de setembro de 2018 e o 11 de setembro de 2019. Os traballos orixinais, copias da publicación ou artigos en internet -co hipervínculo correspondente-, deberán ser enviados antes do 14 de setembro de 2019 por correo electrónico á seguinte dirección: apae@apae.es.

Máis información nas bases dos premios.