Premios de Xornalismo AECOC pola Competitividade Empresarial

Do ao

Información de contacto:

AECOC
premiosdeperiodismo@aecoc.es

AECOC, asociación de empresas do Gran Consumo que agrupa a máis de 28.000 compañías, convoca unha nova edición dos seus Premios de Xornalismo pola Competitividade Empresarial.

Pódense presentar traballos xornalísticos publicados en prensa escrita offline e online, xeral e económica, de ámbito nacional, autonómico ou local, que foran publicados entre o 1 de outubro de 2018 e o 29 de setembro de 2019. Os traballos candidatos teñen que destacar "as estratexias que as empresas do noso país están a seguir para ser máis competitivas, innovadoras ou sustentábeis ou apuntar os retos necesarios que deben abordar con ese obxectivo".

As candidaturas poden presentarse até o 29 de setembro de 2019 a través da páxina web do premio. O premio ao mellor traballo está dotado con 12.000 euros.

Máis información nas bases do premio.