V Premio de Xornalismo 'Foro Transfiere'

Do ao

Transfiere, Foro Europeo para a Ciencia, Tecnoloxía e Innovación, convoca o V Premio de Xornalismo 'Foro Transfiere' de Apoio á Divulgación Científica, Tecnolóxica e Innovadora, co obxectivo de poñer en valor o labor que realizan xornalistas e divulgadores para dar a coñecer a innovación tecnolóxica desenvolvida en España e a súa converxencia a nivel internacional.

Os proxectos presentados ao galardón deberán ter sido publicados en prensa escrita, radio, televisión e/ou medios dixitales no transcurso de 2019 en español ou inglés e a súa temática debe tratar a innovación tecnolóxica no ámbito dos sectores estratéxicos arredor dos que xira o Foro: Administracións Públicas, Aeronáutico e aeroespacial, Agroalimentario, Agrupacións empresariais innovadoras, Enerxía, Industria, Infraestructuras e transportes, Medio ambiente, Plataformas tecnolóxicas españolas; Sanidade e TICs.. Concederase un premio de 3.000 euros en cada categoría, audiovisual e escrita.

Os traballos deben ser presentados antes do 31 de decembro mediante o envío por correo electrónico á seguinte dirección: dpastrana@fycma.com.

Máis información nas bases do premio.