X Seminario de Comunicación Social e Cooperación Internacional
Do ao
Horario: Mércores de 16 a 20 horas
Lugar: Facultade de Ciencias da Comunicación da USC. Av. de Castelao, s/n, 15782 Santiago de Compostela
Información de contacto:
escolasenracismo@agareso.org
626 41 95 02 (Antonio Grunfeld)
A Asociación Galega de Reporteiros Solidarios (Agareso) e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP) veñen de abrir, ata o 3 de marzo, o prazo para inscribirse na décima edición do Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’, que se vai desenvolver na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC os mércores entre o 4 de marzo e o 13 de maio.
O programa, organizado baixo o lema Contra o discurso do odio, vai abordar temáticas transversais como o enfoque de xénero, o discurso do odio, o xornalismo e os dereitos humanos, a cooperación internacional, experiencias de ONG’s en terreo, teatro da oprimida, o terceiro sector en Galicia, audiovisual comprometido, a fotografía social ou a radio comunitaria, alternando sesións teóricas e prácticas.
Ademais, dúas das persoas asistentes ao X Seminario ‘Xornalismo social e cooperación internacional’ completarán a súa formación en Marrocos. Alí traballarán no eido da comunicación sobre os diferentes proxectos promovidos na zona.
As aulas impartiranse entre o 4 de marzo e o 13 de maio, os mércores de 16 a 20 horas, na Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, que colabora coa iniciativa. Cunha duración total de 40 horas, a actividade está dirixida tanto a xornalistas como a alumnado de Ciencias da Comunicación, ademais de a activistas, persoal técnico e voluntariado de organizacións sociais. As persoas interesadas poden inscribirse ata o 3 de marzo. As prazas son limitadas e o custe da matrícula é de 100 euros.
Para inscricións e máis información e inscricións, pode contactarse con escolasenracismo@agareso.org ou con Antonio Grunfeld no 626 41 95 02.
Máis información aquí.