XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico

Do ao

Información de contacto:

Radio Galega, Diario Cultural
XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico
San Marcos 15820. Santiago de Compostela

A Radio Galega, co apoio da Secretaría Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, organiza a undécima edición do premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, que pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio e contribuír á recuperación do formato do teatro radiofónico.

Poden participar todos os escritores e escritoras que o desexen, sempre e cando non manteñan unha relación laboral coa CRTVG ou Televisión de Galicia, S.A., enviando un guión radiofónico dramático calculado para que a súa duración en antena sexa de dez minutos como máximo e cun elenco de cinco personaxes como máximo.Non se admitirán máis de dous guións por autor/a.

Os traballos presentados deberán ser orixinais e inéditos, escritos en lingua galega e non poderán ser adaptacións. Deberán estar libres de todo compromiso anterior con emisoras de radios, televisións, editoriais ou entidades semellantes.

De cada obra presentaranse o orixinal e cinco fotocopias, baixo plica, antes do 24 de setembro de 2017 ao enderezo Radio Galega, Diario Cultural XI Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico San Marcos 15820. Santiago de Compostela.

Máis información nas bases do premio.