XXXI Premio de Xornalismo Mañé i Flaquer
Do ao
Información de contacto:
Ayuntamiento de Torredembarra
Plaza del Castell, 8
43830 Torredembarra
premis@torredembarra.cat
977 130 730 / 977 640 025
O Concello de Torredembarra convoca a trixésimo primeira edición do Premio de Xornalismo Mañé i Flaquer, cuxa recepción de traballos estará aberta até o vindeiro 30 de setembro.
Os traballos a concurso poden optar a dúas categorías: Xornalismo Turístico (para artigos relativos a calquera lugar do mundo), dotada con 6.000 euros; e Comunicación Local (para as reportaxes referentes a Torredembarra en calquera dos seus aspectos: histórico, económico, social, cultural, turístico, patrimonial...), cuxo gañador recibirá 2.000 euros.
Os traballos, que deberan ter sido publicados na prensa diaria, periódica ou especializada, portais informativos en internet ou emitidos por radio ou TV entre o 1 de setembro de 2017 e o 31 de agosto de 2018, teñen que enviarse por correo electrónico a premis@torredembarra.cat, ou no Ayuntamiento de Torredembarra (plaza del Castell, 8. 43830 Torredembarra).
Máis información nas bases do premio.