Microsoft lanza un novo ordenador martes, 5 de xuño de 2007 Surface é unha gran pantalla táctil de mesa que no precisa do rato nin do teclado. Parécese ós controis dun caixeiro automático, ós comandos do novo móbil de Apple iPhone e sobretodo, parece ciencia ficción.
Alan Johnston di nunha cinta que o están a tratar ben luns, 4 de xuño de 2007 O correspondente da BBC secuestrado fai dous meses e medio na Franxa de Gaza, Alan Johnston, asegura que os seus captores o tratan ben, nun vídeo dado a coñecer nunha páxina web de milicianos islamistas.
Novo intento de freo ás xornalistas en Oriente Próximo luns, 4 de xuño de 2007 As Espadas da Verdade, un grupo islamista fanático palestino ameazou onte con decapitar as presentadoras de televisión que non vistan de acordo cunha estrita interpretación da relixión musulmá nun novo síntoma de radicalización na Franxa de Gaza.
O defensor do Pobo considera "imprescindible" a creación dun Consello Audiovisual Estatal luns, 4 de xuño de 2007 O Defensor do Pobo, Enrique Múgica, iniciou unha "actuación de oficio" ante o Ministerio da Presidencia, co fin de coñecer "as previsións existentes" por parte do Executivo acerca da creación dun Consello Audiovisual Estatal, compromiso incluído no programa electoral co que o PSOE concorreu ás eleccións de 2004.
O presidente de RCTV denuncia os proxectos de Chávez para "confiscar as liberdades e controlar ós medios" luns, 4 de xuño de 2007 O presidente de Radio Caracas Televisión (RCTV), Marcel Granier, asegurou que o xefe de Estado venezolano, Hugo Chávez, ten proxectos para "confiscar todas as liberdades" e controlar por completo ós medios de comunicación do seu país.
RTVE renova a súa Dirección de Comunicación e afronta o deseño dunha nova imaxe corporativa luns, 4 de xuño de 2007 A Dirección de Comunicación da Corporación Radio Televisión Española (CRTVE), departamento que depende directamente do seu Presidente Luis Fernández, comeza esta semana un cobizoso proceso de impulsamento e ampliación.
'San Francisco Chronicle', último exemplo da crise da prensa escrita en EEUU luns, 4 de xuño de 2007 Desde o 'Boston Globe' ata o 'San José Mercury News' ou 'Los Ángeles Times', as noticias de recortes nas redaccións dos principais diarios do país repítense nos últimos meses.
Polo menos 57 xornalistas foron asasinados nos últimos seis meses, segundo a Asociación Mundial de Periódicos luns, 4 de xuño de 2007 Na véspera do sesaxésimo Congreso Mundial de Periódicos e o décimo cuarto Foro Mundial de Editores, celebráronse en Cidade do Cabo mesas redondas sobre novas tecnoloxías, liberdade de prensa e estratexias do sector para atraer á mocidade, que parece ter deixado de ler periódicos.
A SIP estuda visitar Ecuador para analizar a liberdade de prensa no país luns, 4 de xuño de 2007 "Estase a considerar vir ver a cuestión da liberdade de prensa en xeral", dixo ó diario El Universo o director da liberdade de prensa da SIP (A Sociedade Interamericana de Prensa), o arxentino Ricardo Trotti, quen indicou que "seguramente" pedirán unha entrevista ó presidente Rafael Correa e a outros funcionarios.
O CPXG inicia o seu horario de verán luns, 4 de xuño de 2007 No período comprendido entre o 1 de xuño ata o 30 de setembro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia terá horario de verán (de 8.00 a 15.00 horas), segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña.