RSF cualifica de "inicua e perigosa" a condena a 60 días de prisión incondicional ó xornalista ecuatoriano Nelson Fueltala
Reporteiros Sen Fronteiras (RSF) deplora a condena a 60 días de prisión incondicional do xornalista Nelson Fueltala, correspondente do diario "A Gaceta" e da emisora "Radio Latacunga", ó que a Corte Superior de Xustiza de Cotopaxi (Ecuador) condenou por "inxurias". Á parte de que é desproporcionada, esta pena representa unha incitación á autocensura.