A LENA cubrirá conxuntamente as eleccións presidenciais nos EUA
A Alianza de Xornais Líderes en Europa (LENA), formada por sete cabeceiras, vai cubrir de maneira conxunta as eleccións presidenciais dos Estados Unidos, nun esforzo no que van participar doce xornalistas de seis países distintos.
A Alianza de Xornais Líderes en Europa (LENA), creada en marzo de 2015, e formada por Die Welt, La Repubblica, Le Figaro, Le Soir, Tages-Anzeiger, Tribune de Genève e El País, vai cubrir de maneira conxunta as eleccións presidenciais dos Estados Unidos. Desde este domingo 11 de setembro e ao longo de dous meses, doce xornalistas de sete redaccións e seis países distintos van producir reportaxes e coberturas especiais en todo tipo de soportes, que se publicarán nas distintas cabeceiras.
A cobertura conxunta, concebida especialmente como unha estratexia dixital (os textos, vídeos e tuits producidos publicaranse nas páxinas web dos distintos socios da alianza) expandirase tamén ás edicións impresas dos xornais, e é un paso máis na colaboración que xa ten dado lugar á publicación compartida de numerosas informacións.
Cada xornal vai ofrecer o material producido polos doce xornalistas de LENA nun micro-site especial dentro das súas respectivas páxinas web.
CPXG