A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas condena o ataque sufrido na sede de Pikara Magazine

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas súmase á condena realizada polo Colexio Vasco de Xornalistas e a Asociación de Xornalistas Vascos tralas pintadas fascistas e antifeministas que tanto Pikara Magazine coma outras organización sufriron esta mañá nas súas sedes da Plaza de Bilbao La Vieja, na capital biscaíña.

Tanto o Colexio Vasco de Xornalistas coma a Asociación de Xornalistas Vascos denunciaron este tipo de agresións contra a liberdade de expresión e o dereito dos medios de comunicación a informar libremente sen ningún tipo de coaccións, unha denuncia que conta co apoio e respaldo da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas.

A revista dixital Pilkara Magazine, que este ano recibe o Premio Periodismo Digital incluído nos Premios Periodismo Vasco 2019 pola divulgación da teoría e a práctica feminista, que incorpora a perspectiva de xénero na concepción do traballo xornalístico nos medios de comunicación, denunciou a agresión sufrida ao tempo que convocou un acto para repintar a sede esta mesma tarde.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, O Colexio Vasco de Xornalistas e a Asociación de Xornalistas Vascos queren deixar constancia de que este tipo de actitudes van en contra do criterio democrático. O dereito á información é un dereito fundamental da cidadanía que está reflectido na Constitución Española e informar libremente á sociedade e crear opinión pública é un dereito fundamental democrático, e que estarán enfronte das actitudes autoritarias e antidemocráticas.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas mostra a súa solidariedade e apoio a Pikara Magazine e a todos os medios e xornalistas afectados, ao tempo que esixe o máximo respecto cara ao labor desenvolvido polos xornalistas.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas  constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais que actualmente existen en España: Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco.

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS