A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas considera que as bases da oferta de emprego de técnico de Comunicación en Medialab Prado fomentan o intrusismo

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas mostra a súa desconformidade coas bases da oferta de emprego 'Técnico xestión de comunicación no programa de educación de Medialab Prado', feita pública a través da web da empresa municipal dedicada á xestión cultural, turística e de espazos e eventos 'Madrid Destino'. Nas devanditas bases explícanse claramente as funcións deste posto, que na súa gran maioría teñen unha relación directa co xornalismo e a comunicación, pero á hora enumerar os requisitos non menciona explicitamente a necesidade de que os candidatos estean en posesión da licenciatura ou grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.

Por esta razón, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas púxose en contacto con 'Madrid Destino' esixindo a modificación das devanditas bases para que só as persoas licenciadas ou graduadas en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual poidan participar no proceso de selección, sen recibir máis noticias que un acuse de recibo de recepción da demanda da Rede.

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas considera que as administracións públicas deben dar exemplo na loita contra o intrusismo laboral e adquirir o compromiso de que para que o desempeño das funcións de información e/ou comunicación propias do exercicio do xornalismo, a través dos gabinetes de prensa ou direccións de comunicación, incluído calquera medio de titularidade pública, a persoa que realice ditas funcións conte coa titulación universitaria oficial correspondente á licenciatura ou grao en Xornalismo ou en Comunicación Audiovisual.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove Colexios Profesionais de Xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e País Vasco).

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas