A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas crea un grupo de traballo sobre agresións como paso previo á creación dun Observatorio Nacional

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas reuniuse en Madrid para abordar, entre outros temas, as posíbeis medidas a adoptar en relación ás agresións de todo tipo sufridas polos xornalistas. O aumento destas situacións e das ameazas das que son obxecto cada vez máis profesionais é a razón pola que a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas decidiu crear un grupo de traballo que se dedicará a contabilizar e analizar todo tipo de agresións. Paralelamente, iniciaranse os trámites e contactos necesarios para estudar a viabilidade de modificar o código penal e conseguir que a agresión a un xornalista sea un agravante, xa que durante o seu exercicio profesional está a desempeñar unha función social. Este grupo de traballo é a fase previa á creación dun Observatorio Nacional sobre Agresións a Xornalistas, para o que se contará coa colaboración de expertos de diversas áreas e desta maneira dar respostas efectivas a este ataque ao dereito á información.

En relación aos vetos dos que son vítimas tanto xornalistas como medios de comunicación, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas traballará para conseguir que os devanditos vetos sexan ilegais, como acontece por exemplo durante a campaña electoral. O obxectivo da Rede é que esta protección que teñen os xornalistas non sexa efectiva só durante a campaña electoral senón  que teña un carácter xeral.

Así mesmo, a Rede acordou organizar para 2020 unha convención de xornalismo na que a través de diferentes mesas redondas e conferencias se dará protagonismo a temáticas de especial interese para a profesión.

En relación á creación do futuro Consello Xeral de Colexios de Xornalistas, decidiuse comezar a redactar o borrador dos estatutos deste Consello. A este respecto, unha vez se forme o Goberno, os integrantes da Red reuniranse cos grupos políticos di Congreso dos Diputados para que reactiven a proposición de lei para a creación do devandito Consello, que decaeu ao finalizar anticipadamente a lexislatura en 2018.

Por outra banda, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas designou aos representantes que formarán parte, xunto a outros axentes, do grupo de traballo sobre Suicidio e Medios de Comunicación impulsado polo Ministerio de Sanidade, Consumo e Benestar Social.

Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas

A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas constituíuse o 14 de xuño de 2018 e está formada polos nove colexios profesionais de xornalistas que actualmente existen en España (Andalucía, Asturias, Castela e León, Cataluña, Galicia, A Rioxa, Murcia, Navarra e o País Vasco).

REDE DE COLEXIOS PROFESIONAIS DE XORNALISTAS