A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas rexeita os insultos e agresións sufridas hoxe por varios xornalistas
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas mostra o seu rexeitamento aos insultos, ameazas e agresións sufridas por varios xornalistas no día de hoxe mentres cubrían as concentracións convocadas por VOX.
A Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas esixe unha vez máis liberdade e respecto polo traballo dos xornalistas, xa que estes incidentes supoñen un ataque á liberdade de información, un dos alicerces básicos nos que se debe sustentar calquera sociedade democrática.
Así mesmo, a Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas pide responsabilidade aos representantes políticos nas súas declaracións para non alentaren este tipo de comportamentos inxustificábeis e insta aos medios de comunicación a que apoien aos seus traballadores, tomando todas as medidas legais que estean ao seu alcance.
Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas