Consideracións sobre o nomeamento na presidencia de RTVE

Comunicado da Rede de Colexios Profesionais de Xornalistas, que agrupa os colexios de xornalistas de Cataluña, Galicia, Murcia, Andalucía, País Vasco, Castela e León, A Rioxa, Asturias e Navarra.

Ante a actual situación do necesario proceso de desgobernamentalización de RTVE, frustradas en boa parte as expectativas da sociedade, dos profesionais da información e os traballadores das empresa da sociedade pública, a Rede de Colexios de Periodistas quere deixar patente que a presidencia e os demais cargos directivos de RTVE no poden saír dun intercambio de nomes de persoas máis ou menos do gusto dos partidos que apoian o goberno. Aínda cando nesta fase non se produza un concurso público de méritos, esa presidencia debe ser o resultado de analizar traxectorias profesionais, capacidades demostradas e propostas de actuación para os medios que van rexer. A persoa elixida debería ser un periodista acreditado, con experiencia, persoa coñecedora dos retos informativos que afronta un grupo de medios públicos no contexto español e europeo.
 
Na realización desta análise de posibles candidatos e candidatas deberían participar, en representación das formacións políticas da maioría parlamentaria, persoas con coñecementos profesionais contrastados. Así mesmo, deberían ser oídos os organismos dos traballadores de RTVE e as entidades que legalmente representan a  profesión periodística.