Continúa aberto o prazo para presentar traballos aos Premios á Mellor Economía Social de Cegasal

Até o 15 de marzo permanece aberto o prazo para enviar traballos á terceira edición dos Premios á Mellor Información sobre Economía Social convocados por Cegasal (Asociación Empresarial Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro), na que colabora o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.

O obxectivo deste dobre galardón, un para xornais, dixitais e revistas, e outro para radio e televisión -dotados con 1.500 euros cada un-, é o de dar maior visibilidade ás persoas con discapacidade en idade laboral. As dificultades que encontran á hora de optaren ao mercado laboral e o traballo que realizan neste sentido os centros especiais de emprego sen ánimo de lucro deben formar parte do contido dos traballos presentados ao concurso.
 
Información sobre los premios 
 
As bases do Premio Cegasal á mellor información sobre economía social, certame no que colabora desde a súa primeira edición o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, poden consultarse desde hoxe martes, 4 de diciembre, nas webs do Colexio Profesional de Xornalistas e da Asociación Cegasal. 
 
Poden optar aos premios os traballos publicados e/ou emitidos desde o peche da anterior edición, o 30 de abril de 2018, até o día 15 de marzo de 2019. O prazo de recepción dos mesmos pecharase o vindeiro 15 de marzo de 2019 e o gañador será anunciado na primeira quincena de abril. 
 
O xurado estará composto por profesionais con experiencia contrastada nos medios de comunicación galegos, así como representantes de Cegasal e do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia.
 
Os traballos deberán enviarse, vía mail, ao seguinte enderezo: cegasalcomunicacion@gmail.com, e a información presentada deberá ir acompañada dun breve currículum do autor.
 
Coincidindo coa concesión dos Premios Xornalísticos, a Asociación Galega de Centros Especiais de Emprego sen Ánimo de Lucro tamén fará entrega dos galardóns á Administración (local e autonómica) e empresa máis colaboradoras coa economía social.
 
Traballos premiados en anteriores edicións 
 
Santiago Riveiro, de El Correo Gallego; Manuel Barral, de La Opinión de A Coruña, e Ana Fuentes, de Atlántico Diario, foron os profesionais galardoados na primeira edición do Premio Cegasal de Periodismo. Pola súa banda, e unha vez ampliados os premios e diferenciados por categorías, Jéssica Pintor e Rubén Milego, de Informativos Fin de Semana da TVG,  e Sabela Corbelle, de El Progreso de Lugo, foron os gañadores da última edición do galardón instituído por Cegasal.
 
CPXG