Desconto para membros do CPXG nos cursos sobre violencia de xénero e propiedade intelectual organizados pola UNED de Lugo

O Centro UNED de Lugo organiza os cursos de extensión universitaria 'Violencia e Xénero: Unha Visión transversal' ( os venres 13 e 27 de abril e 11 e 18 de maio en Lugo) e 'Curso básico sobre propiedade intelectual' (entre os días 11 e 15 de xuño en Monforte), que terán prezo reducido para colexiados e colexiadas do CPXG. Ambos os dous cursos poden realizarse tamén a través da internet.

O curso 'Violencia e Xénero: Unha Visión transversal'  vaise realizar en horario de 18:15 a 21 horas no Centro Asociado da UNED de Lugo (Tolda de Castela Nº4B). Nel vaise tratar o fenómeno da violencia de xénero desde diversas perspectivas: xurídicas, sociolóxicas, criminolóxicas, educativas, sanitarias e xornalísticas. O custo da matrícula é de 25 euros, cun prezo reducido de 20 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 10 horas de formación e estará impartido por varios ponentes de todas as disciplinas. Máis información e formulario de matrícula aquí.

Pola súa banda, o 'Curso básico sobre propiedade intelectual'  vaise realizar en horario de 16 a 19 horas na Aula de Monforte de Lemos (Cantigas e frores, nº 31). Nel búscase coñecer a normativa que regula o dereito de autor e para aprender o máis importantede este tema presente no mercado cultural que nos rodea pero tamén, e cada día máis, nas nosas actividades cotiás. O custo da matrícula é de 35 euros, cun prezo reducido de 30 euros para colexiados e colexiadas do CPXG. O curso vai constar de 15 horas de formación e estará impartido por Xosé Manuel Fernández Montes, licenciado en Dereito e especialista universitario en Propiedade Intelectual, marcas e patentes. Máis información e formulario de matrícula aquí

Curso de 'Como falar en público' no Carballiño

Ademais, continúa aberta a matrícula para o curso 'Cómo falar en público: Habilidades de Comunicación Verbal, Non Verbal e Márketing', organizado polo Centro UNED de Ourense no Carballiño entre os días 27 de febrero e 1, 6 e 8 de marzo, e que tamén ten desconto para colexiados e colexiadas do CPXG. Máis información e formulario de matrícula aquí.

CPXG