Jessica Mouzo: ″A información da COVID é de todos, non é patrimonio de ningún Goberno″

Jessica Mouzo é xornalista e traballa na delegación do diario El País en Catalunya. Licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela e realizou un Máster en Barcelona, cidade na que está a desenvolver a súa carreira. Especializada en temas de sanidade, leva desde o mes de marzo centrada nas informacións relativas á COVID-19 e aos avances tanto na investigación como no tratamento dos enfermos nos hospitais.

–Cal cres que debe ser o papel do xornalismo durante a pandemia? 

Creo que non hai diferencia entre o papel que ten que facer o xornalismo coa pandemia e o seu papel no día a día nunha situación normal. Somos un servizo público, temos que informar á xente. Contarlles o que está a pasar coa maior honestidade posible, e poñer un pouco de orde –sobre todo neste momento– perante o aluvión de datos e alertas que nos van chegando. Penso que o valor engadido que temos que aportar na pandemia é precisamente o de ordenar: decidir que cousas hai que descartar, cales son importantes e  cales están validadas.

Accede á entrevista completa para colexiados e colexiadas aquí