Nace o Colegio de Periodistas de Aragón

Este sábado 15 celebrouse en Zaragoza a asemblea constituínte do Colegio de Periodistas de Aragón, que se suma así aos outros nove xa existentes. A Xunta de Goberno Provisional, vixente até a celebración de eleccións, está presidida por José Luis Trasobares.

O pasádo sábado 15 de decembro celebrouse no salón de actos do Colegio Oficial de Ingenieros Técnicos Industriales de Zaragoza a asemblea constintuínte do Colegio de Periodistas de Aragón, que rematou coa aprobación por unanimidade dos seus estatutos. Remata así o proceso iniciado en abril coa aprobación polas Cortes de Aragón da Lei de creación do colexio e o órgano aragonés.

Coa aprobación dos estatutos, a Comisión Xestora do colexio foi disolta en favor dunha Xunta de Goberno Provisional, presidida por José Luis Trasobares, que estará vixente até a celebración de eleccións na primavera do 2019. 

Trasobares salientou entre os primeiros obxectivos do Colegio de Periodistas de Aragón a redacción dun código de boas prácticas para a Administración e a introducción dunha asignatura de Xornalismo e comunicación no currículo do ensino secundario.

O colexio aragonés  súmase así aos outros nove xa existentes no Estado. Ademais do de Galicia, están constituidos tamén os colexios profesionais de xornalistas en CataluñaMurciaAndalucíaCastela e León, o País VascoA RioxaAsturias e Navarra

CPXG