O cadro de Ediciones Reunidas mobilízase para apoiar melloras no seu convenio colectivo
Desde o pasado venres, 15 de decembro, os traballadores de Ediciones Reunidas están a levar a cabo concentracións ante a sede do Grupo Zeta en Madrid. A empresa agrupa a varias revistas mensuais de quiosco (como Woman, Man, PlayStation 2 Revista Oficial, Viajar ou PC Plus) e a outras corporativas (como Ronda Iberia ou Teletodo).
A dirección da empresa négase en redondo a negociar a suba do IPC para o presente Convenio Colectivo, coa conseguinte perda de poder adquisitivo dos seus empregados, segundo informa o Sindicato de Xornalistas de Madrid.
Os traballadores manteñen a esperanza de que o Grupo Zeta, que controla a Ediciones Reunidas, reconsidere a súa postura inmobilista nas negociacións e se sente de novo a dialogar cos seus representantes. Mentres tanto, reunidos en asemblea, decidiron continuar coas protestas ata que reciban unha proposta seria da empresa.
Ademais, en marzo producirase o peche de dúas cabeceiras tan emblemáticas como PC Plus e You.
MADRID
SXG / SPM