O Colexio de Xornalistas de Galicia presenta o premio José Couso

A Sala Sargadelos acolleu hoxe a presentación do Premio José Couso de Liberdade de Prensa en Ferrol, unha iniciativa desenvolvida polo Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) e o Club de Prensa de Ferrol, que conta co apoio económico de Caixanova. O obxectivo do galardón é recoñecer e difundir o traballo dunha persoa ou institución destacada na defensa da liberdade de prensa ou cunha salientable traxectoria profesional, libre e independente.