O Colexio de Xornalistas estrea web con novos servizos e ferramentas

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia estrea unha nova web para avanzar na mellora dos seus servizos aos profesionais da comunicación. A páxina, cun deseño innovador, aumenta a oferta de servizos e ferramentas para colexiados e colexiadas, e fomenta especialmente a participación, a versatilidade e o traballo en rede.
Desde o seu nacemento, o Colexio ten potenciado a súa páxina web coa vontade de que sexa de utilidade para as e os profesionais da comunicación, polo que a páxina foi evolucionando e enriquecéndose novas funcións e posibilidades. Deste xeito, unha novidade deste novo deseño é a posibilidade de colexiarse directamente desde a propia web, a través dun formulario na páxina principal.

A nova páxina tamén mellora os contidos exclusivos para colexiados e colexiadas. Así, inscribíndose co contrasinal, poderán ter acceso a todas as posibilidades da nova sección "Comunidade", na que poden publicar anuncios e ofertas de interese, ademais de participar en debates e grupos de traballo, tanto públicos como privados, con outros colexiados e colexiadas. Alén diso, o contrasinal continúa a servir para acceder á información exclusiva, como novas, cursos de formación ou códigos para desfrutar dos descontos e ofertas.

Por último, a nova páxina está baseada fundamentalmente no fomento da utilidade, a participación e a versatilidade. Como exemplo, a web gaña outra nova sección, 'Ferramentas', na que poderán atoparse recursos na rede de utilidade para as e os profesionais da comunicación. As colexiadas e colexiados poderan editar e seleccionar aquelas que lle sexan máis útiles, así como promover outras novas a través da web e o correo electrónico, algo que tamén poderán facer para propór informacións ou eventos. Por último, incorpórase tamén un buscador, para facilitar o acceso ás novas, publicacións ou avisos de interese.

CPXG

var addthis_config = {"data_track_clickback":true};