O Colexio entra o mércores 1 de xuño no horario de verán
A partir deste mércores, 1 de xuño, e ata o 30 de setembro, o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia terá horario de verán (de 8.00 a 15.00 horas), segundo estipula o convenio de Despachos e Oficinas da provincia de A Coruña.
Os interesados en contactar co Colexio poden continuar facéndoo ben mediante o enderezo eletrónico xornalistas@xornalistas.gal, ben chamando ó teléfono 981 935 670. E por suposto, tamén achegándose á nosa sede en San Pedro de Mezonzo 36, 1º (Santiago de Compostela)
CPXG