O Congreso rectifica e accede a acreditar a Ctxt

Congreso dos Deputados (Foto: Luis Javier Modino Martínez)

O Congreso dos Deputados accedeu, horas despois de que o Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia dirixira un escrito de queixa á Presidenta, Ana Pastor, a acreditar o dixital Ctxt.es.

A rectificación prodúcese despois de que varios colectivos profesionais, como o CPXG, fixeran público o seu apoio en defensa da liberdade de información e expresión como é a nosa obriga e conforme ó artigo 20.1 da Constitución.

Á vista diso, diriximos un novo escrito á Presidenta da Cámara.

A Xunta de Goberno do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia (CPXG) agradece que tivera en consideración as demandas expresadas polo noso e outros colectivos e profesionais en relación coa falta de acreditación para a sesión de investidura de xornalistas do dixital Ctxt.es. 

Comprácenos a rectificación e é o noso desexo que non volvan producirse circunstancias semellantes que atenten contra o exercicio da liberdade de información.

O Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, entidade de dereito público que representa aos xornalistas galegos segundo a lei 2/1999 de 24 de febreiro acordada polo Parlamento de Galicia, ten a obriga legal de velar pola independencia e a liberdade informativa en beneficio da sociedade galega, e de defender, conforme ao artigo 20.1 de la Constitución Española, o dereito á libertad de información e de expresión garantidas a todos os cidadáns.

CPXG

RELACIONADA: O CPXG insta ó Congreso dos Deputados a reconsiderar a súa negativa a acreditar a xornalistas de Ctxt.es para a sesión de investidura