O CPXG convida a crear e a participar en comisións de traballo sobre a profesión

Co obxectivo de fomentar a intervención e a participación dos colexiados e colexiadas, o CPXG quere poñer en marcha diferentes comisións sectoriais de traballo sobre a profesión.
A proposta de creación de comisións procede de unha asemblea xeral do CPXG celebrada hai case cinco anos, mais daquela quedou paralizada pola falta de participación. Agora o CPXG volve solicitar a participación de colexiados e colexiadas para tratar de poñer en marcha diferentes comisións, sempre que haxa persoas dispostas a traballar nelas. As áreas propostas son as seguintes: Estatutos e normativa do CPXG, Formación e Publicacións, Deontoloxía, Situación Laboral, Actividades, Servizos e Fotoxornalismo.