O Sindicato de Xornalistas iranianos, preocupado polo arresto dun reporteiro

O representante do Sindicato de Xornalistas Iranianos (SPI), Mashallah Shamsolvaezin, expresou o pasado 5 de xaneiro a súa preocupación pola detención do xornalista iraniano Ali Farahbakhsh, arrestado fai 40 días e recluído na prisión de Evin, e instó ás autoridades a establecer cal é a súa situación.
Farahbakhsh foi arrestado ó regresar dunha conferencia en Tailandia acerca das sociedades civís, concretou Shamsolvaezin, quen manifestou que se pediu ás autoridades "que anuncien inmediatamente os cargos que pesan sobre el e cal é a súa situación" e espera "que os nosos esforzos aceleren a súa liberación".

A axencia de noticias dos estudantes islámicos iranianos, ISNA, citou a Sohrab Soleimani, director da organización de prisións de Teherán, dicindo que Farahbakhsh estaba en prisión e gozaba de bo estado de saúde.

Algúns xornalistas reformistas cren que o goberno endureceu o seu control da prensa desde que clausurou en setembro un importante periódico reformista, Sharq, para deter as críticas na súa contra.

IRÁN
PERIODISTAS-ES